Skip to Content

Comenius Regio: Guía da comarca de Noia

Por fin rematamos coa actividade máis importante do proxecto: Unha guía turística da nosa comarca. Nela colaboraron intensamente todos os alumn@s e profesor@s vinculados ao proxecto. 

Podes executala nun formato máis lixeiro (Flash) e só en castelán, picando neste enlace.

Pero, se a queres con máis calidade e nos tres idiomas (galego, castelán e inglés), podes descargala en formato pdf interactivo, premendo na seguinte imaxe (tardará un ratiño, pois ten un tamaño de 134 MB).

É posible que o propio navegador que esteas utilizando teña un complemento para interpretar limitandamente os ficheiros pdf interactivos. Daquela, abriríase dentro del, sendo posible que non funcionasen algúns enlaces; Polo que é recomendable premer co botón dereito do rato, enriba da seguinte imaxe, e despois co botón dereito, picar en "gardar enlace como" para descargarla no teu equipo e executala (Acrobat Reader) desde fora do navegador con todas as súas funcionalidades. 

Esperamos que sexa do teu agrado.



page | by Dr. Radut