Skip to Content

María López Sández

 

María López Sández asinando exemplares.

 A autora do libro " O faro Escuro" tivo un encontro con alumnado de 3º da ESO e do Clube de lectura do instituto. O encontro celebrouse na biblioteca do centro.

 

María López Sández (Lugo, 1973) é unha das voces narrativas máis prometedoras da Literatura Galega segundo a crítica especializada a pesar de levar aínda pouca produción publicada. Irene de 1ºESO entrevista a María

A nivel narrativo cómpre salientarmos a súa obra A forma das nubes (Premio Narrativa Breve Repsol, 2012), obra coa que obtivo un fondo recoñecemento e un espazo propio na nosa literatura. Tamén temos que salientar o seu ensaio Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio (Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, 2007).

Manuel e Sergio de 3ºB lle entregan un ramo

E xusto nestas datas está dando os seus primeiros pasos a súa última obra titulada O faro escuro, obra que explora, a través dos mecanismos da intriga e a violencia propios do xénero negro, o peso da intuición e a razón na súa íntima relación coa construción do xénero.

( Fonte: Noticieirogalego.com)

Aquí vos deixamos un enlace onde poderedes ampliar máis información sobre esta magnífica escritora.

 



page | by Dr. Radut