Charla de Manuel Portas
- Actividades |
- Actividades |
- Novas |
- Novas
O venres día 22 de abril tivemos o pracer de disfrutar coa charla que deu no noso centro o profesor e escritor Manuel Portas. O acto estivo enmarcado dentro do programa de actividades que o IES organiza con motivo do "Mes Cultural" e foi organizado por Normalización Linguística en colaboración co departamento de "Xeografia e Hª".
A charla versou ao redor do último libro publicado polo autor "Lourenço xograr", premio "García Barros" 2015. O alumnado participou activamente abrindo un diálogo "chispeante" entre o autor e o seu público. Así mesmo a alumna de 1º BAC C, Leonor Posse, levou a cabo a presentación coa realización dunha pequena semblanza bio-bliográfica sobre o escritor.
Manuel Portas enfeitizounos coas súas verbas e o seu profundo coñecemento da literatura medieval galega.