Skip to Content

2018/19

Día da Ciencia en galego: Xurxo Ayán

Hoxe 7 de novembro celebramos o Día da Ciencia en galego falando de arqueoloxía, unha ciencia na que conflúen e que necesita moitas outras disciplinas. E para a ocasión contamos cun dos arquéologos galegos máis sobresalientes, Xurxo Ayán. E con el recorremos algúns dos seus proxectos, dende Etiopía ata a Guiné Ecuatorial pasando polo Atacama e tamén por proxectos relacionados cos guerra civil en Navarra e en Badaxoz. E para rematamos co xa famoso Atilano da parroquia de Cereixa en Lugo. Un auténtico pracer, luxo e exemplo de xenerosidade.

E para quen non puido estar uns pequenos fragmentos:

A investigadora Manuela Alonso (Fundación Ramón Domínguez) no bacharelato STEM.

Visitounos Manuela Alonso Sampedro, investigadora biomédica da Fundación Ramón Domínguez.

É investigadora do Instituto de Investigación Sanitaria.

A doutora e investigadora senior en Medicina Interna explicou detalles do traballo que realiza na actualidade, así como de diferentes investigacións nas que ten participado xunto cun equipo moi interdisciplinar.

O novo bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía, tamén coñecido como Stembach, arranca este curso no IES Arcebispo Xelmírez II con 10 estudantes.

El nuevo bachillerato científico le exige al alumnado un trabajo de investigación

En el área de Santiago solo lo ofrecen los institutos Xelmírez II y Rosalía de Castro

 STEMBACH IES Arcebispo Xelmírez II

SANDRA ALONSO

 

JOEL GÓMEZ 

SANTIAGO / LA VOZ 02/11/2018 05:00 H

Irene Basanta: a primeira futbolista

O venres 26 de outubro asistimos á proxección do documental Irene, a porteira, realizada polo xornalista Óscar Losada Castro. Presentouno o propio director a aprendemos moito desta pioneira do fútbol da que ata o de agora moi pouco se sabía e que tivo unha vida merecente dun filme. Daquela, coñecéndonos mellor cada día.

Elisa e Marcela

Sen dúbida, esta vai ser a voda do ano. Despois do éxito da versión teatral a cargo da compañía A panadaría, chegaranos a versión cinematográfica.

E como aínda non a viramos, pois esta foi a ocasión. E o venres 26 de outubro no Salón Teatro de Compostela tivemos ocasión de vela. E aprendemos moito e pasámolo mellor.

O alumnado do club de ciencia presenta na EGAP o seu traballo.

O IES Arcebispo Xelmírez II foi invitado a expoñer o traballo desenvolvido no club de ciencia nas xornadas organizadas polo CAFI "Compartindo experiencias de formación en centros" (S1803002), celebradas na EGAP de Santiago de Compostela o 6 de outubro.

Seis alumnas e alumnos participantes no club de ciencia, en representación de todos os seus compañeiros, presentaron ao profesorado asistente as principais actividades levadas a cabo no proxecto de investigación de propiedades do solo, "Mira por onde pisas", así como as actividades proxectadas para este novo curso escolar.

Presentación do Bacharelato STEM

O IES Arcebispo Xelmírez II é un dos quince centros seleccionados en toda Galicia para comezar a impartir este curso o bacharelato de excelencia en ciencia e tecnoloxía, aberto a todo o alumnado de 1º de bacharelato.

Este alumnado cursará unha materia adicional e levará a cabo, no 2º curso, un traballo de investigación en colaboración con docentes e investigadores das universidades e principais centros galegos.

O 20 de setembro inaugurouse formalmente esta opción académica coa presenza do equipo directivo do centro.

MJPérez visitou o Xelmírez II

A artista arzuá deixou fonda pegada no IES Arcebispo Xelmírez II na súa visita deste martes 2 de outubro.

En horario de tarde e durante case unha hora, dentro da programación de actividades que desenvolve o equipo de dinamización da lingua, MJ Pérez falou co alumnado de 4º ESO e de 1º de bacharelato A e C sobre a súa traxectoria vital, amosou algúns dos seus traballos audiovisuais e falou dos seus próximos proxectos. Asemade, cantou algunhas das súas cancións e defendeu a vitalidade da música galega, da que destacou a gran variedade que presenta na actualidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut