Skip to Content

2015/16

As achegas da investigación en nanotecnoloxía farmacéutica á nosa sociedade

O 18 de febreiro o noso alumnado tivo a enorme sorte de poder escoitar a María José Alonso, profesora da USC e investigadora do CIMUS. A profesora Alonso charlou co alumnado sobre a importancia da investigación en xeral e sobre os avances da nanotecnoloxía no ámbito farmacéutico. Por se esto non fose suficiente, tamén contamos coa colaboración do noso ex-alumno Marcos Fernández Fondevila, quen dende os seus primeiros pasos como investigador na área de endocrinoloxía no CIMUS, lles explicou como se aplica o método científico ó quefacer diario dunha investigación nun laboratorio.

 Achegamos aquí o díptico que lle proporcionamos ó alumnado con información sobre María José Alonso.

Participación do Departamento de Filosofía na grabación dun vídeo de apoio ás persoas refuxiadas

A sección de Santiago de Compostela de Amnistía Internacional, que sempre, sempre, conta con nós, invitounos a intervir nun proxecto consistente nun vídeo de apoio ás persoas que vense obrigadas a fuxir dos seus fogares, das súas paisaxes, das súas rúas, dous seus olores, das súas comidas, das súas vidas. 

Pedimos colaboración a outros departamentos e obtivémola. Pedimos colaboración ó alumnado e obtivémola.

Tivemos que facer dous vídeos, saíron "máis ou menos", pero saíron. En canto podamos poñeremos un enlace a eses vídeos.

Agora o imporante: o enlace o vídeo de Amnistía Internacional.

 

Angrois no esquecemento: as achegas da investigación xornalística á nosa sociedade

O martes 1 de decembro de 2015 Fran Piñeiro e Susana S. Recouso, dous dos creadores do premiado documental "Angrois no esquecemento" estiveron no noso centro contándolle ó alumnado como xurdiu a idea de facer este documental que enfoca a enorme traxedia de Angrois dende un punto de vista estritamente humano. Ademais desto falaron de moitas outras cousas, todas elas  moi interesantes: a manipulación nas noticias, o oficio de xornalista ou de reporteiro gráfico, etc.

Moitas gracias, Fran e Susana. Seguro que vos volveremos a chamar.

Proximamente poñeremos material gráfico do evento na galería multimedia.

Charla da Oficina de Coordinación de Transplantes

O 16 de outubro de 2015 o noso alumnado de primeiro de bacharelato tivo a inmensa sorte de contar coa presencia da intensivista Eva, coa enfermeira Lucía e coa persoa que tivo un transplante, Lola. Elas lle explicaron en que consiste a doazón de organos, como se realiza o procedemento, en que casos, lle proporcionaron información obxectiva sobre condicións nas que unha persoa pode ser donante, etc.

Dende aquí queremos agradecer que, un ano máis, a OCT colabore con nós nesta importante labor de concienciación.

Aquí tendes o enlace a galería multimedia.

Charla sobre os estudos universitarios: o Grao de Comunicación Audiovisual. Alex Pazos.

O día 24 de setembro, o noso ex-alumno Alex Pazos, achegouse ata o centro para compartir co alumnado de segundo de bacharelato a súa experiencia do paso pola universidade. Alex, recén graduado pola Universidade de Burgos en Comunicación Audiovisual non só ofreceu consellos senón que dialogou dun xeito distendido co alumnado, o cal lle plantexou múltiples preguntas.

Aquí tendes o enlace á galería multimedia con fotografías e vídeos do evento.

Conferencia de don Carlos Lema Devesa

Hoxe venres 9 de outubro comezamos coa actividades de celebración do 30 aniversario do Centro cunha conferencia do catedrático de Dereito Mercantil da Universidade Complutense de Madrid don Carlos Lema Devesa. 

O profesor Lema empezará falándonos sobre a historia do Centro e daranos despois unha conferencia sobre os enganos da publicidade, sobre o que é especialista. As actividades están enfocadas ao alumnado de 4º de ESO e 2º de Bacharelato.

Outra información: Noticia na prensa

Viaxe a Altamira, Atapuerca e o val do Arlanza - Febreiro de 2015

VIAXE A ALTAMIRA E ATAPUERCA

XOVES 19 DE FEBREIRO - DOMINGO 22 DE FEBREIRO DE 2015

FILOSOFÍA E HISTORIA

 

XOVES 19 DE FEBREIRO: ¡ALTAMIRA!

•Saída de Santiago de Compostela (na dársena de autobuses do instituto) ás 6 de mañá

Distribuir contido


by Dr. Radut