As achegas da investigación en nanotecnoloxía farmacéutica á nosa sociedade
O 18 de febreiro o noso alumnado tivo a enorme sorte de poder escoitar a María José Alonso, profesora da USC e investigadora do CIMUS. A profesora Alonso charlou co alumnado sobre a importancia da investigación en xeral e sobre os avances da nanotecnoloxía no ámbito farmacéutico. Por se esto non fose suficiente, tamén contamos coa colaboración do noso ex-alumno Marcos Fernández Fondevila, quen dende os seus primeiros pasos como investigador na área de endocrinoloxía no CIMUS, lles explicou como se aplica o método científico ó quefacer diario dunha investigación nun laboratorio.
Achegamos aquí o díptico que lle proporcionamos ó alumnado con información sobre María José Alonso.
Dende aquí queremos agradecer á María José Alonso e a Marcos Fernández que nos fixeran un ratiño nas súas apretadas axendas. Realmente, o Arcebispo Xelmírez II ten moita, moita sorte con toda as persoas que dun xeito altruísta se achega ata o noso centro para abrir novos horizontes de coñecemento, pensamento e vida ó noso alumnado.
Vos deixamos un enlace á galería multimedia para que poidades votarlle unha ollada a máis fotos e tamén a algún vídeo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
librillo_nanotecnología farmacéutica 2016.pdf | 320.15 KB |