Plan de recuperación para o alumnado que ten a materia Bioloxía e Xeoloxía de 1º de bachillerato, de 1ºESO e/ou de 3º ESO pendente.
En cada trimestre do curso (tres trimestres) o alumnado con materias pendentes do departamento de Bioloxía e Xeoloxía realizará unha proba escrita e terá que entregar unhas actividades escritas.
A cualificación da proba escrita será o 80% da cualificación do trimestre, a cualificación das actividades entregadas será o 20% da cualificación do trimestre. A cualificación final da materia será a media aritmética das cualificacións dos tres trimestres. Para aprobar a materia pendente a cualificación final deberá ser igual ou superior a 5.
Existen aulas virtuais específicas para o alumnado do departamento de Bioloxía e Xeoloxía con materias pendentes.
Para preparar as probas escritas e realizar as actividades correspondentes a cada trimestre o alumnado deberá utilizar o libro de Bioloxía e Xeoloxía (de 1º ESO, de 3ºESO ou de 1º de bacharelato, segundo corresponda ao curso da materia pendente) de uso xeral no curso actual.
Os temas e apartados do libro (para preparar a proba escrita) e as actividades correspondentes a cada trimestre indicaranse na aula virtual de pendentes de Bioloxía e Xeoloxía de cada curso. As actividades escritas de cada trimestre entregaranse na aula virtual correspondente. En casos excepcionais e xustificados poderán entregarse ao profesor de Bioloxía e Xeoloxía do curso actual ou ao xefe do departamento.
A data límite para a entrega das actividades escritas de cada trimestre indicarase na correspondente aula virtual.
A data, hora e lugar das probas escritas do alumnado con materias pendentes será establecida pola dirección do IES, que informará o alumnado e ás súas familias.