Na materia de Bioloxía e Xeoloxía os alumnos investigaron sobre os nutrientes que aportan os diferentes alimentos e a información contida nas etiquetas alimentaria, estudaron a rodados alimentos, a pirámide alimenticia e o plato de Harvard como formas de representación dunha dieta saudable.Para iso, primeiro buscaron información sobre os datos obrigatorios que debe conter unha etiqueta alimentaria,e despois a identificaron en diferentes
envoltorios de alimentos que eles trouxeron do seu fogar. Fixeron carteis con esas etiquetas e coa información recollida. Ademais analizaron o contido en nutrientes que posuían eses produtos, despois analizaron si as cantidades eran saudables ou non. Elaboraron rodas de alimentos, pirámides alimenticias e representacións do plato de Harvard .
Os resultados foron explicados a alumnos de segundo da ESO e cuarto da ESO e posteriormente expostos na zona adicada ao Plan Proxecta.
En 3º da ESO os alumnos identificaron amidón en produtos cárnicos, co fin de estudar os aditivos.