Skip to Content

2019/20

Actividades Club de Ciencia

Aliméntate ben. Ciencias da Terra

Na materia de Ciencias da Terra os alumnos traballaron na busca de información sobre a Agricultura ecolóxica e os produtos galegos  alimentariarios  como as conservas. Durante o curso realizaron recollida de información en diferentes fontes bilbiográficas. Despois elaboraron traballos escritos.

 Íbase a realizar un mural con estos traballos, e colocar no Centro, na área do Plan Proxecta pero non foi posible.

Aliméntate ben. Lingua Castelá

Na área de Lingua Castelá traballouse  co léxico relacionado coa alimentación e se fixeron producións propias en forma de direntes tipos de textos sobre a alimentación. 

Lectura e creación de textos que tiñan relación coa comida saudable de diferente tipoloxía:

textos instructivos (recetas), textos expositivos e argumentativos (opinións, noticias), textos narrativos (relatos)...

Máis adiante chegou o momento da elaboración dos traballos aos que se lle engadiron fotografías.

Hai que sinalar que a implicación e o traballo destes grupos foi fantástica. Ademais  estiveran facendo un traballo previo  coa interpretación das etiquetas alimenticias, pirámides e roda de alimentos  en outras áreas,  co que contaban con información sobre a dieta saudable.

Aliméntate ben. Francés

Os alumnos de primeiro da ESO buscaron información sobre diferentes alimentos en Francés, estudaron a pirámide alimenticia e elaboraron murais en grupos con estes alimentos, utilizando vocabulario axeitado en lingua francesa. 

Aliméntate ben. Bioloxía e Xeoloxía

Na materia de Bioloxía e Xeoloxía os alumnos  investigaron sobre os nutrientes que aportan os diferentes alimentos e a información contida nas etiquetas alimentaria, estudaron a rodados alimentos, a pirámide alimenticia e o  plato de Harvard como formas de representación dunha dieta saudable.Para iso, primeiro buscaron información sobre os datos obrigatorios que debe conter unha etiqueta alimentaria,e despois  a identificaron en diferentes

envoltorios de alimentos que eles trouxeron do seu fogar. Fixeron carteis con esas etiquetas e coa información recollida. Ademais analizaron o contido en nutrientes que posuían  eses produtos, despois analizaron si as cantidades eran saudables ou non. Elaboraron rodas de alimentos, pirámides alimenticias e representacións do plato de Harvard .

 Os resultados foron explicados a alumnos de segundo da ESO e cuarto da ESO e posteriormente expostos na zona adicada ao Plan Proxecta.

 En 3º da ESO os alumnos identificaron amidón en produtos cárnicos, co fin de estudar os aditivos.

 

 

Aliméntate ben. Anatomía Aplicada

Na materia de Anatomía Aplicada os alumnos comezaron a facer  un estudo dos almorzos do alumnado do centro, en base aos datos obtidos  tentaron de facer un informe  para indicar  aos compañeiros os cambios que deberían realizar para que resultase equilibrado. O traballo tiña previsto  a elaboración no Centro educativo deste almorzo no mes de Maio, por parte dos alumnos de 1º de Bach da materia de Anatomía Aplicada, para os alumnos de 1º da ESO, pero polas circunstancias actuais non se puido facer, polo que se optou que os alumnos de 1º Bach os elaboraran nos seus fogares e despois lle sacasen fotografías.

Aliméntate ben. Matemáticas

Na área de Matemáticas os alumnos despois de traballar os contidos que debe levar unha etiqueta alimentaria, e aprender  a facer representacións  mediante diagramas de sectores, tiveron que buscar etiquetas dos produtos que se consumían nos seus fogares, extraer a información nutricional , e con esa información elaboraron un gráfico de sectores que mostraba o equilibrio nutricional.  Deste xeito comparárono co equilibrio desexado, xa que a O.M.S. fai unha recomendación sobre as proporcións de cada tipo de alimento na alimentación dos adolescentes. Finalmente os grupos presentan os datos obtidos. 

 

Programa Naturézate. Traballos

Charla: O valor da igualdade

O venres 28 de febreiro de 2020 a Medalla de Ouro en Kata, Para-Kárate, a galega Cristy Tojo estivo no noso centro para falar co alumnado de 4.º ESO e co de Valores Éticos de 3.º ESO sobre “O valor da igualdade”.
Cristy achegouse ao alumnado con frescura, sinxeleza e xenerosidade para compartir a súa visión dos graves problemas de desigualdade que hai na nosa sociedade.

Cristy Tojo

O núcleo da charla centrouse nas desvantaxes que teñen para practicar e competir as persoas con discapacidades.

A partires de aí, con exemplos concretos da súa propia vida e da súa contorna (que é a nosa: creceu en Negreira, fundou o seu propio club en Santiago de Compostela e adestra na nosa cidade sen ter apoio institucional), foi contando e explicando como a discriminación (por exemplo do colectivo LGTBIQ) é unha violencia, como a invisibilización é unha violencia (por exemplo das persoas con discapacidades que compiten e que gañan medallas), como, en fin, o importante é vivir en harmonía e paz sen molestar ás demais persoas polo seu cor de pel, ou por a quen aman, ou por ter distintas capacidades que a media, ou …

Joseba Muruzábal e as avoas heroínas

Hoxe estivo co alumnado de Educación Plástica no noso centro o artista plástico Joseba Muruzábal. Sen dúbida, é un dos artistas máis importantes do momento ao encher as nosas vilas e cidades coas nosas avoas ás que dota de superpodes. Hoxe soubemos de como se xesta toda ese traballo.

Joseba

Visita: FINSA

O 20 de febrero os alumnos de economía de empresa visitaron a FINSA-Santiago para coñecer de primeira man a realidade empresarial.  A visita transcorriu por cada unha das fases do proceso de elaboración de taboleiros e mobles, mediante unha audioguía. Finalmente os responsables de RRHH e Xestión mostraron ao nosos alumnado diversos aspectos coma a formación requerida para cada posto de traballo así coma aspectos da xestión propia dunha empresa de gran tamaño.

Agradecendo a atención prestada, especialmente a Beatriz Sanchez del Rio da Area de personal, esperamos poder volver noutra ocasión. 

FINSA

14 de febreiro: corazóns de papel.

O 14 de febreiro é o día do amor e da amizade e na Biblioteca do Xelmírez II decidimos celebralo cun taller de origami impartido por Pilar Figueroa. Nesta ocasión, Pilar mostrounos como realizar corazóns.

Yolanda Castaño e a poesía galega última

O pasado 12 de febreiro o alumnado de 4.ºESO puido desfrutar da presenza dunha das nosas poetas máis relevantes: a coruñesa Yolanda Castaño. Durante case unha hora debullou de xeito ameno e didáctico o panorama poético galego dos últimos 30 anos e do que ela forma parte de xeito moi activo. Aquí vos deixamos un breve resumo.

Exposición: Con-ciencia de mujer

Con motivo do "Día Internacional da muller e a nena na ciencia" nun dos taboleiros do vestíbulo podedes  achegarvos a unha pequena exposición na que se analiza o papel da muller na ciencia. 

A exposición recibe o nome Con-ciencia de mujer e conta con material aportado pola profesora de Lingua Castelá, Paula Fernández.

Con-ciencia

Tamén partillamos un vídeo no que se analiza o chamado "Efecto Matilda".

Distribuir contido


by Dr. Radut