Skip to Content

Lingua Galega

PROGRAMACIÓNS LGL 2024-25

Plans de recuperación das materias pendentes no Departamento de Lingua e Literatura Galega (2024-25)

No aquivo adxunto especifícase o plan de recuperación das materias pendentes correspondente ó Departamento de Lingua e Literatura Galega. Esa mesma información aparece nas  respectivas Aulas Virtuais de materias pendentes (unha por nivel).

Calquera consulta ou dúbida ó respecto debe ser plantexada ante o profesorado responsable das materias pendentes ou ante a Xefatura de Departamento (Xosé Ramón Fernández Vázquez).

Programacións LG 2023-24

Intercambio co Agrupamento de Escolas de Barcelos

O alumnado de 1°, 2° e 3° de portugués do IES Arcebispo Xelmírez II viaxou á localidade de Barcelos no norte de Portugal o día 23 de maio. O motivo da viaxe foi rematar unha actividade de intercambio de cartas entre o alumnado do Agrupamento de Escolas de Barcelos e o do IES Arcebispo Xelmírez II, enmarcada ademais no proxecto Erasmus+ do que ambos os centros forman parte. Despois de que a rapazada se coñecese e de realizar un almorzo xuntos, o alumnado compostelán aproveitou para coñecer o centro histórico, para practicar o aprendido durante o curso e para observar as similitudes e a relación cultural entre Galiza e a Lusofonía.

Barcelos01Barcelos02

Excursión ao norte de Portugal

Un grupo de alumnos e alumnas do IES Arcebispo Xelmírez II, acompañados polos profesores Manuel Amor e Carlos A. Lebredo, e outros dous grupos do IES n.º1 de A Estrada e do IES Antón Losada Diéguez de A Estrada, realizaron unha viaxe polo norte de Portugal durante os días 28 e 29 de marzo.

Xoves 28: Visita á cidade de Porto: Estação de São Bento, Sé-Catedral, Río Douro, Vila Nova de Gaia, Livraria Lello&Irmão e rúas comerciais.

Venres 29: Cidade de Guimarães (Castelo, Paço dos Duques de Bragança e cidade antiga), Viana do Castelo e Miradoiro de Santa Luzia.

Cozinham bem o bacalhau, pá

Viaxe ao norte de Portugal

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Programación didáctica Lingua Galega e Literatura 2017-2018

Distribuir contido


by Dr. Radut