Skip to Content

Educación Física

PLAN DAFIS. Probas físicas

Rematamos o curso da mesma forma que as comezamos: realizando as probas físicas previstas no Plan DAFIS.

O primeiro paso da actividade foi amosar a composición das distintas probas, explicando o modo de levalas a cabo. Esto foi debido a que o plantexamento de esta primeira parte foi que o alumnado realizara un traballo autónomo á hora de levar a cabo as probas e a toma dos resultados. Polo que, para levar a cabo o rol de controlador/ anotador das probas, debían ter uns coñecementos mínimos. Para esta actividade non contamos co material propio do plan, polo que tivemos que adaptar cos recursos do departamento. En este trimestre, levamos a cabo as probas de composición corporal e todas as probas físicas, a excepción da proba de forza de prensión manual.

Debido a que o obxectivo foi que o alumnado realizara un traballo autónomo, non consideramos subir os datos acadados nas probas á plataforma DAFIS, xa que entendemos que podía existir algún erro de control e medición nas marcas. 

Repetimos as probas de novo no terceiro trimestre, unha vez recibido o material de préstamo o día 10 de abril. As probas foron realizadas a todo o alumnado de 3º e 4º ESO, e 1º de bacharelato. Ademais, subimos á plataforma os datos de aquel alumnado que dou o consentimento. Debido á necesidade de completar todas as UD sinaladas na programación, e dependendo do curso, realizáronse unha parte significativa das probas, sen completar a totalidade de elas en ningún nivel. 

A plataforma DAFIS permítenos comparar a condición física do alumnado, co conxunto de rapazas e rapaces da súa mesma idade de toda Galicia. Esto permite a obtención de información valiosa para as familias, mediante a cal poden monitorizar e coñecer a evolución da condición física das súas fillas e fillos. Con estes datos, que son entregados ás familias a través de un informe xerado na propia plataforma, teñen un punto de partida para elaborar un plan de actividade física saudable baseado nas necesidades específicas individuais do alumnado. 

 

PLAN DAFIS. Camiño de Santiago

A través do Camiño de Santiago, que vertebra unha gran actividade na cidade e comarca, aprendemos sobre diferentes aspectos relacionados tanto coa actividade física (actividades no medio natural, sendeirismo...) como con aspectos socioeconómicos nos que inflúen as distintas rutas que teñen como destino final a catedral de Santiago de Compostela.

Nos primeiros cursos da ESO vimos certos contidos teóricos relacionados coas actividades no medio natural e o Camiño, como poden ser a vestimenta, a elección de calzado, ou a preparación física precisa para realizar unha actividade de estas características para prever riscos e/ou lesións.

Todo o proceso culmina en 4º ESO, curso que realiza unha actividade extraescolar correspondente ás 3 últimas etapas do camiño Francés:

- Melide- Arzúa.

- Arzúa- O Pedrouzo (Arca).

- O Pedrouzo (Arca)- Santiago de Compostela.

Compartimos un par de imaxes da realización da actividade, levada a cabo o 6, 7 e 8 de maio.

PLAN DAFIS. Día da EF do centro

Esta actividade foi organizada durante o segundo trimestre, e levada a cabo o 16 de abril.

Cada grupo de 1º bacharelato (A, B, C e D) tivo que organizar, planificar e levar a cabo unha actividade para o resto de niveis da ESO. De esta forma, un grupo de bacharelato tivo que facerse cargo e dinamizar a actividade para os seus compañeiros de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.

O primeiro paso foi escoller, de acordo ás opcións seleccionadas polo profesor, un contido e un espazo para levalo a cabo. De esta forma, comezamos a planificar os primeiros aspectos da nosa actividade, en base ós espazos e materiais que teríamos que usar. Exemplificamos os contidos e espazos a utilizar na seguinte imaxe.

Unha vez definida esta primeira parte, outorgamos os grupos dos que serían responsables. Segundo o nivel, o reparto foi de 15/20 alumnos para cada equipo de 5 "profes" dos grupos de bacharelato.

Posteriormente, utilizamos dúas clases para probar e practicar a actividade escollida. Comprobar materiais, optimizar os roles e a organización durante a xornada, valorar o número de xogadores idóneo para o espazo dispoñible... E, por suposto, xogar para ter un coñecemento do que se encontrarían os seus alumnos.

Unha vez decidido esto, presentamos un cartel por cada aula da ESO, donde figuraban os xogos e deportes dispoñibles para que o alumnado se fora anotando a aqueles do seu interese. Aportamos un exemplo de un de estes carteis.

Simultáneamente, fomos definindo os aspectos formais da nosa actividade. Esto quedou recollido en un documento ou memoria, aportada polo profesorado de EF, que todos os grupos debían cubrir e entregar a través da aula virtual.

No documento, o alumnado tivo que aportar:

- Nome dos compoñentes, denominación da actividade e zona da actividade.

- Descrición da actividade.

- Dinámica, normas e medidas de seguridade da actividade.

- Organización e roles a cumplir polos "profes" en cada parte da sesión: recepción de participantes, preparación/recollida do material, explicación dos xogos, realización do quecemento e a volta a calma.

- Unha reflexión individual, unha vez finalizada a actividade, de todo o proceso.

- Anexos con materias xerados para a actividade (cadros de competición, cartelería, normas, tarxetas para utilizar no xogo...).

Para esta parte do proceso, tivemos dúas clases na aula de informática, donde tamén xeramos todo tipo de documentos anexos, como cartelería, normas, cartas e elementos visuais para utilizar durante os xogos, cadros de competición...

Finalmente, chegou o día 16 de abril e levamos a cabo a actividade. Cada nivel de ESO foi saíndo durante unha hora, acompañado polo grupo de bacharelato asignado, para levar a cabo a actividade. Presentamos algún dos anexos e materiais utilizados polos grupos.

 

PLAN DAFIS. Elaboración de pratos saudables

O segundo traballo a elaborar foi relacionado coa alimentación e nutrición, co fin de coñecer un pouco máis acerca de alimentos saudables, e como organizalos na nosa dieta de un xeito sinxelo. Levouse a cabo entre o final do segundo trimestre e o comezo do terceiro.

Para cumplir este fin, baseamos a tarefa na organización plasmada no prato de Harvard. Con el, de un xeito moi visual e intuitivo, podemos elaborar pratos que conteñan os distintos tipos de alimentos recomendados para unha alimentación saudable.

Ademais, o prato de Harvard so ten en conta os alimentos non ultraprocesados, polo que tamén nos dou pe a tocar este tema, e poder reflexionar sobre se a composición xeral da nosa dieta é saudable.

Como punto de partida, traballamos sobre contidos teóricos relacionados cos nutrintes, para saber identificar os alimentos que os conteñen, as súas funcións e as súas características.

Con todo esto, xa estabamos listos para elaborar os nosos pratos. Utilizando a estructura de prato de Harvard, debemos elaborar un prato frío (tipo ensalada) e un prato quente. E, sobre eles, explicar os macronutrintes e micronutrintes que contén cada alimento. Esta tarefa foi entregada na aula virtual da materia, e a continuación presentamos exemplos dos documentos aportados.

 

 

PLAN DAFIS. Rutinas de adestramento

Ó longo do primeiro trimestre, o alumnado desenvolveu e puxo en práctica as súas rutinas de adestramento. Este traballo estivo relacionado coa UD de condición física, que se leva a cabo en todos os niveis da ESO e 1º Bacharelato.

En primeiro lugar, comezamos con unha práctica guiada polo profesorado do departamento, exemplificando métodos de traballo para o adestramento da condición física. Ó mesmo tempo, fomos utilizando material teórico para contextualizar as rutinas que terían que desenvolver.

 

A partir de aquí, o alumnado deseñou as súas propias rutinas de adestramento, utilizando a páxina www.entrenamientos.com . Empregamos un par de sesións na aula virtual, ademais de tempo de práctica e ensaio/erro na aula de EF. Como resultado obtivemos a elaboración de 6 rutinas de adestramento individuais, para levar a cabo ó longo do primeiro trimestre. Compartimos exemplos do traballo acadado.

Distribuir contido


by Dr. Radut