Hoxe, 11 de decembro de 2014, volvemos a desfrutar dun Obradoiro de Amnistía Internacional sobre a temática da violación do dereito humano a non ser torturada/o, pero esta vez para o alumnado de 4ESO.
Noelia (a dinamizadora do obradoiro de 2ESO) quedou tan leda onte coa nosa "chavalada" que quixo "aínda máis" e achegouse hoxe tamén, fóra de programa, para compartir con Amara (alumna de Xornalismo da USC) a experiencia co alumnado que xa a piques de rematar a Ensinaza Secundaria Obrigatoria.
Según nos dixeron uns "paxariños" tanto Noelia, como Amara, como o alumnado quedaron ben contentas e contentos con como transcurriu o obradoiro.
Noraboa Noelia e Amara e MOITAS GRACIAS.
Se queredes ver algunhas imaxes do que hoxe estiveron a facer clicade aquí.