Skip to Content

SEGUNDA SESIÓN DO OBRADOIRO Di K Non NA UTE DE TEIXEIRO

 

A segunda sesión do Obradoiro de prevención de drogodependencia Di K Non, realizouse na UTE do centro Penitenciario de Teixeiro. Alí se desplazaron 32 alumnos, seleccionados por sorteo, acompañados pola orientadora Cruz Présas e profesores do centro. Nesta sesión  os membros da comunidade educativa, situáronse nun contexto de privación de liberdade para comprender as consecuencias do consumo  e/ou uso de drogas. Algunhas destas sustancias adictivas(alcol, tabaco...), non están moi alonxadas dos entornos do alumnado e esa familiaridade dificulta o exercicio da capacidade de reflexión crítica para tomar decisións persoais responsables.

Se a primeira sesión do obradoiro –desenvolvida no instituto- foi moi interesante, a segunda moito máis, de acordo coa valoración realizada tanto polos alumnos como polos profesores que os acompañaron que consideran que cumpriu de forma eficaz a totalidade dos obxectivos que se pretendían acadar:

•    Participar de forma activa nas diferentes tarefas(os alumnos foron protagonistas das súas propias reflexións e conclusións).

•    Participar como grupo cohesionado nas asembleas en pequeno grupo.

•    Tomar contacto con persoas que pensaban e sentían como os nosos alumnos, que neste momento síntense vítimas das drogas.

•    Valorar o custo emocional-social que  supón  sair das drogas.

•    Recibir información en vivo e en directo sobre as consecuencias do uso  das drogas por persoas arrepentidas de tomar esa alternativa na súa vida.

•    Ser quen de analizar conceptos como:amigo, liberdade,familia,sentimentos,emocións, culpabilidade.

•    Aclarar crencias erróneas sobre o uso das drogas .

•    Recoñecer situacións   que me presionan a tomar decisións inapropiadas na miña vida. Como dicir k non.

•    Tratar de potenciar  unha reflexión crítica nos adultos tanto a nivel individual como institucional : Que estamos facendo mal? Podemos presentar as institucións outras formas de relación entre xóvenes “ Ocio nocturno saudable para xóvenes”.



blog | by Dr. Radut