Skip to Content

Conferencia: As aportacións da investigación farmacolóxica á nosa sociedade

O martes 17 de marzo de 2015 tivemos o enorme pracer de ter a María Isabel Loza, catedrática de Farmacoloxía e directora de Biofarma (USC) impartindo unha conferencia, ó alumnado de 2BACH, sobre a farmacoloxía en xeral e sobre as aportacións que hai no campo no que ela traballa, á sociedade.

A conferencia foi moi, moi interesante. A Sra. Loza foi amena e cercana a todas as persoas alí presentes. Non se pode pedir máis. Como dixo Marcos (ver máis abaixo) "é como ter a Messi xogando no Trazo".

Queremos agradecerlle dende aquí a súa aportación, altruista e desinteresada, ó ensanchamento de horizontes do noso alumnado.

Tamén estivo na charla, participando activamente cara ó final dela, o noso ex-alumno Marcos Fernández Fondevila, quen veu para contarlle a aquelas persoas que xa están rematando a ensinanza secundaria e que pronto darán o paso á universidade, como foi a súa "travesía" dende o IES Arcebispo Xelmírez II ata o CIMUS da USC, pasando pola facultade de Bioloxía da USC. Moitas gracias, Marcos, polo teu aporte. Coidamos que foi moi instrutivo e valioso. Cremos que ter a unha persoa coma ti dando consellos a aquelas persoas que van agora camiño da universidade, é todo un luxo.

Vos deixamos aquí un enlace a la Galería Multimedia. Tamén vos adxuntamos o díptico que se repartiu ó alumnado que ía asistir, para que así soubese algo da conferenciante e do traballo que fai, antes de coñecela e escoitala.

AdxuntoTamaño
conferencia_mabel_loza_librillo_marzo 2015.pdf285.22 KB


story | by Dr. Radut