Skip to Content

Matemáticas

Programacións didácticas Departamento de Matemáticas. Curso 2024-25

Seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Dpto. de Matemáticas). Curso 2024-25

No arquivo adxunto figura o plan para a recuperación das materias pendentes  do departamento.

Dita información tamén se pode consultar nas respectivas aulas virtuais de materias pendentes, nas que xa está matrículado o alumnado afectado.

 

Programacións didácticas Departamento de Matemáticas. Curso 2023-24

Seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Dpto. de Matemáticas). Curso 2023-24

Cúpulas Leonardo

Durante toda a semana o alumnado dos distintos cursos da ESO construíu, coa axuda do profesorado da materia, as diferentes estruturas das famosas cúpulas e Leonardo e, como podedes ver nas imaxes, a experiencia foi moi enriquecedora e divertida.

As pezas para o desenvolvemento da actividade foron cedidas pola Fundación Escola Rosalía de Vigo.

Pódense ver máis fotos na ligazón Fotos

O alumnado STEMbach visita a Facultade de Matemáticas

O xoves 11 de xaneiro, o alumnado STEMbach tivo a oportunidade de visitar a Facultade de Matemáticas da USC no Campus Sur.

A decana da facultade, a profesora Elena Vázquez Cendón, deunos a benvida e presentou á profesora Elena Vázquez Abal, que impartiu unha marabillosa conferencia, "Medindo como se curvan as cousas", que nos fixo reflexionar a todos sobres diferentes xeometrías posibles.

 

Moitísimas grazas á USC, á Facultade de Matemáticas e ás profesoras Elena V. Cendón e Elena V. Abal pola súa dispoñibilidade, pola calurosa acollida e pola calidade da conferencia.

https://cienciaxelmirezii.wordpress.com/blog/

 

Curso de formación en Chipre

A pasada semana, do 25 ao 29 de setembro, dúas profesoras e un profesor do centro asistiron en Nicosia a un curso de formación dentro do proxecto Erasmus+ BYOD-learning, que ten como obxectivo a creación dunha plataforma de vídeos didácticos de matemáticas. O proxecto está xa no seu segundo ano e este curso pretende formar ao profesorado na creación de vídeos e no uso da plataforma de cara a aproveitar as súas funcionalidades. Dúas profesoras participaron como asistentes e un profesor como relator dun dos módulos do curso.

Lárnaka

Curso

Foi un pracer volver ver aos socios do proxecto, intercambiar opinións e experiencias e coñecer as realidades educativas dos países participantes no consorcio. Chipre é un país moi interesante, moi distinto de Galicia, polo que a visita tamén foi moi produtiva desde o punto de vista cultural.

XV Concurso de Fotografía Matemática

Concurso de fotografía

A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) da zona da Coruña convoca para estudantes e adultos o XV Concurso de Fotografía Matemática. Para facilitar a participación do alumnado do noso centro, o departamento de Matemáticas organiza unha fase de centro que se rexerá polas seguintes bases.

Transnational meeting en Plovdiv

O pasado 10 de setembro dous profesores do centro, José Luis Martín Iglesias e Moisés Iglesias González, viaxaron a Bulgaria para asistir ao segundo Transnational meeting do proxecto BYOD. A reunión tivo lugar en Plovdiv, a segunda cidade máis importante de Bulgaria, próxima a Sofia, e tratáronse aspectos relacionados coa evolución do proxecto e co desenvolvemento dos obxectivos do mesmo. Foi unha experiencia moi fructífera e moi interesante, tanto pola ubicación da xuntanza, Plovdiv é unha cidade do tamaño de Santiago e cun grande patrimonio histórico, coma por volver ver aos participantes de novo.

TPM Plovdiv

Transnational meeting en Cracovia

O pasado 28 de febreiro e 1 de marzo dous profesores do centro, Pilar Tobar Quintanar e Moisés Iglesias González, viaxaron a Polonia para asistir ao segundo Transnational meeting do proxecto BYOD. A reunión tivo lugar en Cracovia, e foi a primeira reunión presencial entre os membros do proxecto. Tratáronse aspectos organizativos e de xestión do mesmo, así como relacionados co desenvolvemento dos obxectivos do mesmo. Foi unha experiencia moi fructífera e moi interesante, tanto pola ubicación da xuntanza, Cracovia, coma por desvirtualizar aos compoñentes do grupo.

TPM Krakov

Concurso de fotografía: "Matemáticas en un clic"

Matemáticas nun clic

"Matemáticas en un clic" é un concurso estatal de fotografía matemática dirixido a estudantes da Ensinanza Secundaria Obrigatoria de todo o Estado español. Está organizado pola rede de divulgación Dima en colaboración con distintas asociacións de matemáticas e empresas, co apoio e colaboración de gran parte da comunidade matemática española. Para facilitar a participación do alumnado do noso centro, o departamento de Matemáticas organiza unha fase de centro.

Bases do concurso

Aliméntate ben. Matemáticas

Na área de Matemáticas os alumnos despois de traballar os contidos que debe levar unha etiqueta alimentaria, e aprender  a facer representacións  mediante diagramas de sectores, tiveron que buscar etiquetas dos produtos que se consumían nos seus fogares, extraer a información nutricional , e con esa información elaboraron un gráfico de sectores que mostraba o equilibrio nutricional.  Deste xeito comparárono co equilibrio desexado, xa que a O.M.S. fai unha recomendación sobre as proporcións de cada tipo de alimento na alimentación dos adolescentes. Finalmente os grupos presentan os datos obtidos. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut