Entre o mércores 14 e o venres 16 de outubro de 2020 terá lugar o Maratón de Astropartículas en Santiago de Compostela.
Coordinado por Mª Dolores Rodríguez Frías, catedrática de Física na Universidade de Alcalá de Henares, é o resultado dun proxecto do FECyT.
Nesta ocasión, visitarán o IES Arcebispo Xelmírez II (mércores e venres pola mañá), así como o CPI O Cruce de Cerceda e o IES Rosalía de Castro. No noso centro haberá charlas e talleres para o alumnado de 4º ESO, e 1º e 2º de bacharelato (bacharelato científico e alumnado de Física).
Entre os poñentes das numerosas actividades, atópanse Luis del Peral (UAH), Gonzalo Parente (USC), Víctor Tilve e Ramón I. Marzoa (Observatorio de Javalambre), Mario Gómez (Univ. de Huelva) e Josefina Ling (USC).
https://spas.uah.es/