Skip to Content

O IES Xelmírez II de Santiago salienta a diversidade e os retos do covid no seu 175 aniversario

Y PR

SANTIAGO / LA VOZ

175 aniversario

PACO RODRÍGUEZ

Comparte a efeméride co Xelmírez I, pois eran o mesmo centro ata 1985

05 xun 2021 .

Actualizado ás 05:00 h.

A directora do Instituto Xelmírez II, Pilar  Tobar, salientou os cambios na educación e os retos que representou a pandemia do novo coronavirus para conseguir un ensino equitativo, igualitario e inclusivo. Resaltou así mesmo a diversidade do centro. Fíxoo na conmemoración do 175 aniversario, da que queda constancia cunha placa que ela mesma descubriu ao comezo do acto.

O Xelmírez II comparte esta efeméride co Xelmírez I, pois eran un mesmo centro ata 1985. A súa sede era San Caetano, onde agora está a Xunta de Galicia, o que motivou a división en dous. Ambos os institutos estiveron mutuamente representados nestas celebracións. Coinciden ademais cando dous irmáns docentes traballan en ambos.

O alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, destacou o reto de conseguir unha boa formación nun tempo no que non hai tanta seguridade no futuro.

Tamén participaron o director xeral de Centros e Recursos Humanos de Educación, Jesús Álvarez; César Lema, da dirección do Xelmírez I; e unha ampla representación do centro, co presidente da ANPA e do profesorado. O Xelmírez II tentou celebrar este aniversario o último ano, a última vez en xaneiro, pero tívoo que atrasar por mor da incidencia da pandemia do  covid.

Ademais, onte entregaron os premios da quinta edición do certame Ofelia Devesa, que patrocina o exalumno Carlos Lema Devesa, quen estivo no acto, a Raúl García Moure e Lucía Riveiro Becerra, estudantes de ESO.



page_ppp | by Dr. Radut