Reserva de praza
Realizarase no centro de orixe ou ou a través da aplicación https://www.(edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A)
|
Do 1 ao 15 de febreiro.
|
Data do sorteo público da letra a efectos de desempate.
|
25 de febreiro
|
Publicación de postos escolares vacantes.
|
Antes do 1 de marzo
|
Presentación da solicitude de admisión dos alumnos que cambien de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou estudos superiores.
Para facer a solicitude empregarase o formulario normalizado (ED550B)a través da aplicación https://www.(edu.xunta.es/admisionalumnado), na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar ou nos rexistros.
|
Do 1 ao 20 de marzo
|
Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo.
|
A partir do 22 de marzo
|
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.
|
Antes do 25 de abril
|
Reclamacións.
Nos centros públicos, faranse ante o Consello Escolar.
|
5 días hábiles a contar a partir do día seguinte da publicación das listaxes provisionais.
|
Publicación de listaxes definitivas.
|
Antes do 15 de maio.
|
Fora prazo establecido, as solicitudes de prazarealizarase na Inspección Educativa de Educación Secundaria, no Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
|
Os formularios normalizados (ED550A) e (ED550B) serán facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes.
Tamén estarán disponibles:
- na sede electrónica da Xunta de Galicia,
- na aplicaciónadmisionalumnado, e
- na páxina web da consellería competente en materia de educación.
1. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicita praza en primeiro lugar. A infracción detrminará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
LEXISLACIÓN APLICABLE
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG 15 de marzo de 2013)
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 01/02/2017)