Participación na Xornada de células nai, USC
O venres día 13 de marzo de 2015, 50 alumnas e alumnos do noso centro, participaron nunhas xornadas informativas sobre células nai.
A actividade foi organizada, na USC, polo Grupo de Neurobioloxía Molecular e Celular da Enfermidade de Parkinson, pertencente o Departamento de CC Morfolóxicas.
A saída didáctica lle foi proposta ó alumando por o Departamento de Bioloxía e o Departamento de Filosofía.
Despois das áxiles e instructivas charlas que se lle impartiron ó alumnado, do contacto con grupos de investigación doutras universidades, do xogo de rol e do - fermoso - documental que poideron ver, pensamos que aprenderon moito e dun xeito moi ameno. Polo tanto: obxectivos cumpridos.
A profesora, do Departamento de Filosofía, María del Carmen Rey Sobral, quere agradecer en especial a Jannette Rodríguez, antiga alumna súa, polo trato agarimoso que nos ofreceu. Tamén quere felicitala no só pola súa exitosa carreira profesional, senón tamén pola súa forma de ser e de estar. Moitas gracias por cursarnos a invitación ó evento.
Ademais de a Jannette, obviamente, queremos felicitar a todo o grupo que organizou as xornadas. Foi un verdadeiro gusto estar alí, con persoas tan entusiastas e entregadas ó seu traballo.
Deixamos aquí un enlace que vos leva á Galería Multimedia, para que poidades ver algunha foto e un pequeno vídeo.