Conmemoración no Xelmírez II, o 25 de novembro, do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Porque:
o A violencia contra a muller é unha violacióos dereitos humanos.
o A violencia contra a muller é un problema global: ata un 70% de las mujeres sufren violencia en su vida.
o A violencia contra a muller é consecuencia da persistencia de desigualdades por razón de xénero cando non nas leis, sempre na práctica.
o A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é esencial.
“Todos somos responsables de previr e poñer fin á violencia contra as mulleres e as nenas, comezando por eliminar a cultura de discriminación que permite que esa violencia continúe.»
(Ban Ki-moon Secretario Xeral da ONU.
Porque pensamos que a prevención non é posible se antes non se comprende a dimensión da situación á que nos enfrontamos, convidamos ao alumnado, nesta xornada a
o facer visibles aquelas atitudes sutilmente sexistas que perpetúan os roles de xénero (os micromachismos)
o xerar un espazo de reflexión que facilite a súa identificación e
o tomar conciencia sobre o papel dos axentes de socialización na trasmisión destes “micromachismos” como condición indispensable para eliminalos.
Colocáronse no vestíbulo tres cilindros de tea metálica nos que o alumnado pendurou cartaces con frases, expresións ou imaxes para expoñer estas situaciónns de machismo sutil.