Skip to Content

2018/19

Obradoiro de pintura rupestre na aula

Reproducimos as pinturas magdalenientes e epipaleolíticas da Península Ibérica.

 

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Obradoiro de pintura rupestre na aula

Obradoiro con réplicas arqueolóxicas na aula

Traballamos cos restos materiais do pasado, reproducións de restos óseos e ferramentas do paleolítico.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

 

Obradoiro con réplicas arqueolóxicas na aula

Inauguración da exposición "Santiago 1936"

A inauguración da mostra “Santiago 1936” foi un evento de grande interese. O alumnado presente (2BACH e 2ESO) puido escoitar palabras que iluminaron as fotos, as portadas dos periódicos, os carteis anunciadores ou reivindicativos que están no vestíbulo do instituto.

No vestíbulo, entre os paneis da mostra escoitaron moitas palabras. As palabras, sempre as palabras. As palabras que teñen que estar por riba do asubío das balas, por riba do ruído das patadas e puñadas, por riba do ruído da terra caendo sobre as fosas dos corpos das persoas asasinadas.

Dende o grupo HISTAGRA quíxose construír un novo relato do sucedido en Santiago despois  do golpe de Estado de 1936, nese momento no que se empezou a deixar atrás unha República democrática para ir cara unha Ditadura pasando por unha Guerra Civil.

Cúpulas de Leonardo

Outro ano máis o alumnado dos diferentes cursos da ESO construíu, coa axuda do profesorado da materia de Matemáticas, diferentes cúpulas de Leonardo. 

Leonardo ideou  11 posibles estruturas.

Cúpulas Leonardo

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

O alumnado construíu as cúpulas usando tanto as estruturas máis sinxelas ata algunhas máis complicadas.

Esta actividade, cumpre con varios obxectivos: coñecer as estruturas que ideou Leonardo, aplicar as matemáticas a vida real, potenciar o traballo en equipo para conseguir levar a cabo un proxecto común, entender e reproducir un patrón sistematicamente, traballar de forma manipulativa diferente contidos xeométricos.

Exposición 80 anos. Santiago 1936 no IES Xelmirez II

O próximo mércores 20 de febreiro ás 10:30 h. terá lugar a inauguración da exposición 80 anos. Santiago 1936 no IES Xelmirez II de Santiago de Compostela.

A mostra fora inaugurada en 2016 na Fundación Granell de Santiago de Compostela e agora é recuperada no IES Xelmirez II.

Programa:

Data: Mércores 20 de febreiro de 2019

Hora:10:30 h.

Duración da mostra: 20 de febreiro - 20 de marzo de 2019

Participantes: María Pilar Tobar Quintanar (Directora do centro), Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Miguez Macho (Comisarios)

Charla de Mayte Carrillo no STEMBach

O 14 de febreiro a sesión de STEMBach correu a cargo de Mayte Carrillo de la Peña, profesora titular no Departamento de Psicoloxía clínica e psicobioloxía da Facultade de psicoloxía da USC.

Charla Mayte Carrillo

Entre outros eidos, é unha especialista na investigación en tratamentos para a fibromialxia, foi investigadora principal en diferentes investigacións nesta temática e é autora de máis de 50 artigos de investigación. Por outra parte, ten amplos coñecementos en comunicación científica, e a súa intervención co alumnado STEMBach estivo relacionada con este aspecto: a charla versou sobre como realizar comunicacións científicas de calidade: que comunicar, por que publicar e difundir os resultados das investigacións, cando facelo, caloes son os medios ou cal é a estrutura dunha publicación científica.

Visita á DOMUS

O alumnado de 3.º de ESO visitou a DOMUS o día 13 de febreiro.

Visita á DOMUS

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Con pelos na lingua

Hoxe o alumnado de 2.ºESO asistiu a un clásico da nosa dramaturxia contemporánea: Pelos na lingua, coa que a compañía de teatro Talía leva anos polos escenarios galegos. Unha boa maneira de achegarse aos prexuízos lingüísticos contido importante deste curso.

Pelos na lingua

Pelos na lingua

III Congreso da Axencia Espacial Escolar Galega NOSA

O alumnado do club de ciencias e do StemBach asistiu o día 11 de febreiro ao III Congreso da Axencia Espacial Escolar Galega NOSA celebrado no IES Miraflores de Oleiros.

Congreso NOSA

A tradición indica que os centros participantes neste proxecto (ademais do citado, o CPI O Cruce de Cerceda, así como os IES Maruxa Mallo de Ordes, Marco do Camballón de Vila de Cruces, Ferrol Vello desa localidade e o noso Arcebispo Xelmírez II de Santiago) van organizando por turno o congreso de cada ano.

Esta edición estivo amadriñada pola escritora Marilar Aleixandre. O desenvolvemento do Congreso consistiu, como vén sendo habitual, na presentación dos resultados do lanzamento da sonda espacial e os experimentos instalados na mesma (nesta edición correspondían á misión Marumasat III) e a comunicación dos obxectivos científicos que se pretenden lograr na seguinte edición.

Visita ao observatorio astronómico da USC (Campus Sur)

O alumnado de StemBach visitou o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, no que Pedro Pablo Campos, investigador no centro, exerceu de guía e explicou en detalle a estrutura do observatorio, as principais liñas de investigación coma o estudo de sistemas de estrelas dobres, e outros programas nos que colaboran.

Os estudantes puideron realizar unha visita ás instalacións e coñecer diverso material de medida utilizado polos investigadores nas súas tarefas.

Coma complemento a esta visita, os alumnos desfrutaron dunha sesión de observación dende o telescopio principal do observatorio, e que por mera casualidade rematou na observación en directo da caída dun bólido polo nordeste do ceo nocturno, complemento perfecto á visita realizada.

O encéfalo humano

O día 7 de febreiro visitounos a profesora titular da Universidade de Santiago Jannette Rodríguez Pallares,  realizou cos alumnos do STEM bach a actividade teórico -práctica : O encéfalo humano na saúde e na enfermidade.

Jannette e o seu equipo busca estratexias terapéuticas para a enfermidade de Parkinson. Falou cos nosos alumnos sobre esta enfermidade, o que se sabe dela e as liñas de investigacións nas que ela e o seu equio está a traballar. O alumnos puideron observar ao microscopio mostras de roedores con lesións da enfermidade de Parkinson.

 O encéfalo humano

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Visita a empresa Cultigar

O día 7 de febreiro os alumnos de cuarto da ESO da Materia de Bioloxía e Xeoloxía visitaron a empresa Cultigar. Alí nos ensinaron todas as súas instalacións e nos explicaron as investigacións e os traballos que realizan. Cultigar é un laboratorio ubicado no Concello de Brión adicado a Biotecnoloxía Vexetal, no que se  fai investigación e desenvolvemento tecnolóxico no campo da produción, cultivo e calidade sanitaria de difentes especies vexetais.

Puidemos ver os seus laboratorios, donde nos explicaron cómo realizan o cultivo in vitro de diferentes especies vexetais, despois obsevamos esas plantas nos seus viveiros. Recibimos una excelente atención e nos obsequiaron con exemplares de camelia olorosa.

Cultigar

"Boa vida, boa morte".

Charla de Rafael Martínez Castro sobre o dereito a unha morte digna.

Dirixida a alumnado de Valores éticos 3º y 4º. Filosofía 4º. Psicoloxía 2º Bach

A casualidade quixo que fora o 5 de febreiro o día no que Ramón Sampedro - o primeiro cidadán español en solicitar a eutanasia- tería cumplido, contra a súa vontade, 76 anos. Sampedro- quen inspirou o filme de Alejandro Amenábar "Mar adentro"- solicitou unha e outra vez ante os tribunais a asistencia necesaria para unha morte digna. Denegáronllo sempre alegando o dereito á vida, a unha vida que el considerou que perdera aos 25 anos despois dun accidente na praia das Furnas que o deixou tetrapléxico.

Visita ao Aquarium Finisterrae

Os alumnos de 1º da ESO na materia de Bioloxía e Xeoloxía  desplazáronse o día 30 de Xaneiro ata o Aquarium Finisterrae, para observar in situ características  de organismos vertebrados e invertebrados  que previamente estudamos na aula, para iso nos días previos á visita  repasamos as características dos principais invertebrados e vertebrados acuáticos, morfoloxía externa, sistemas de respiración, aparato dixestivo…. E tamén realizamos unha disección dun peixe óseo no noso laboratorio para observar os órganos internos.

Pódense ver máis fotos na seguinte ligazón Fotos

Golf para principiantes: Santi Tarrío

O mércores 30 de xaneiro tivemos a inmensa sorte de recibir a un dos mellores xogadores de golf de Galicia: Santi Tarrío. E dun xeito moi ameno e divertido foinos explicando en que consistía un deporte que foi levando ao xogador de Touro por medio mundo. E, o mellor de todo, tivemos tempo e ocasión de practicalo dando uns golpes sobre o escenario do salón de actos. Daquela só nos queda agradecerlle que se achegara ata o centro para darnos a coñecer un deporte que semella moito máis divertido e interesante do que pensabamos.

https://youtu.be/Gg2tcFvz-nU

Distribuir contido


by Dr. Radut