Skip to Content

Exposición 80 anos. Santiago 1936 no IES Xelmirez II

O próximo mércores 20 de febreiro ás 10:30 h. terá lugar a inauguración da exposición 80 anos. Santiago 1936 no IES Xelmirez II de Santiago de Compostela.

A mostra fora inaugurada en 2016 na Fundación Granell de Santiago de Compostela e agora é recuperada no IES Xelmirez II.

Programa:

Data: Mércores 20 de febreiro de 2019

Hora:10:30 h.

Duración da mostra: 20 de febreiro - 20 de marzo de 2019

Participantes: María Pilar Tobar Quintanar (Directora do centro), Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Miguez Macho (Comisarios)

Visionado do documental realizado para a exposición

11:20 h. Conferencia a cargo do Investigador de HISTAGRA e doutorando, Rafael García Ferreira: Santiago 1936. Da república ao Golpe de Estado: 40’

Esta exposición pretende explicar como, en tan poucos días, Santiago pasou de ser unha cidade en plenas festas do Apóstolo, na que aínda se festexaba o Estatuto de Autonomía de Galicia, ao triunfo do golpe de estado. Como as rúas de Compostela pasaron de ser un espazo de convivencia, pugna e pluralidade democrática, a converterse no escenario do medo, da persecución e da matanza. E queremos facelo cun novo relato elaborado a 80 anos daquel pasado incómodo, feito dende a historia e marcado pola memoria, no que se dea noticia en Santiago de todo o que coñecemos e por que o sabemos.

Créditos:

Comisariado: Lourenzo Fernández Prieto, Gustavo Hervella García, Alfonso Mato Domínguez, Antonio Miguez Macho, Dolores Vilavedra Fernández

Produción: HISTAGRA-USC, Concello de Santiago de Compostela

Deseño: Tórculo

Deseño cartel e folleto: Iñaki López. RuralC

Audiovisual: Sumo Comunicación

Colabora:

Arquivo da Universidade de Santiago de Compostela, Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, CGAC, Excma. Deputación

Provincial de A Coruña, Fundación Eugenio Granell, Galiciana -Biblioteca Dixital de Galicia, Museo das Peregrinacións e de Santiago

Agradecementos:

Archivo Intermedio Militar Noroeste (Ferrol), Armería Toribio, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento - CSIC , Museo do Pobo Galego , Luis Guitián Rivera, Ricardo Gurriarán Rodríguez, Augusto Pérez-Alberti , Suso de Toro

Para acceder ao recinto en coche hai que facelo antes das 10:10 da mañá.

Ler a nova en Histagra



page | by Dr. Radut