A investigadora Manuela Alonso (Fundación Ramón Domínguez) no bacharelato STEM.
Visitounos Manuela Alonso Sampedro, investigadora biomédica da Fundación Ramón Domínguez.
É investigadora do Instituto de Investigación Sanitaria.
A doutora e investigadora senior en Medicina Interna explicou detalles do traballo que realiza na actualidade, así como de diferentes investigacións nas que ten participado xunto cun equipo moi interdisciplinar.
Posteriormente, os nosos alumnos, guiados por ela, realizaron unha práctica de electroforesis en xel de agarosa. Primeiro explicou a base teórica do procedemento, e despois coa súa axuda o propio alumnado procedeu a cargar as mostras utilizando unha micropipeta, que aprenderon a manipular durante a experiencia.
Todos participaron de forma activa na realización deste procedemento de bioloxía molecular. Colaboraron no desenvolvemento do experimento e puideron manipular os aparatos para realizar electroforesis para ácidos nucleicos e proteínas.