Skip to Content

Libros de texto 2024-25

Xúntase relación de libros de texto para o vindeiro curso 2024/25.

Matrícula curso 2024-2025

Cando matricularse?

O prazo oficial de matrícula é do 24 de xuño ao 7 de xullo. Para axilizar o proceso, o centro solicita ás familias que, sempre que sexa posible, se ateñan ao seguinte calendario por niveis:

Luns 24 de Xuño e luns 1 de Xullo: 1º ESO

Martes 25 de Xuño: 2º Bacharelato

Mércores 26 de Xuño: 1º Bacharelato

Xoves 27 de Xuño: 4º ESO.

Venres 28 de Xuño: 3º ESO

Luns 1 de Xullo: 1º ESO

Martes 2 de Xullo: 2º ESO

Horario:

  • Tódolos días: de 9 a 14 horas 
  • Martes 25, Mércores 26 e Xoves 27 de xuño: de 9 a 14 e de 16:30 a 18:30..

Que documentación se debe achegar?

  • Impreso de matrícula (ver ficheiros adxuntos)

  • Folla de datos, só no caso de alumnado que non estivese matriculado o curso pasado nun centro público galego.

  • Impreso de autorizacións de uso de imaxe e de recollida no centro.

  • Seguro Escolar:
    • Impreso do seguro escolar, para alumnado de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato. O seguro escolar ten un importe de 1,12 €, cobrados no propio centro.  Pídese traer o importe exacto.

    • Copia da tarxeta sanitaria, para o alumnado de 1º e 2º ESO (non pagan seguro escolar)

  • Fotos recentes:

    • 2 o alumnado que se incorpora ao centro

    • 1 o alumnado xa matriculado no centro no curso 23-24

  • Copia do DNI

    • Para alumnado que se matricula por primeira vez

    • no caso de alumnado xa matriculado no curso 23-24 só se aportará esta copia en caso de que non se entregara antes ou o documento teña sido renovado. Os maiores de 14 anos teñen obriga de ter DNI e polo tanto de entregar copia no centro.

  • En caso de divorcio, copia da sentenza no relativo á custodia do menor(non é preciso volver aportar este documento se xa se trouxo outro ano e non houbo modificacións ao respecto)

  • Só para alumnado de Bacharelato maior de 16 anos: impreso de autorización de saída do centro.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso escolar 2024/25

Prazo presentación solicitudes: 21/05/2024 – 21/06/2024

ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)

Procedemento administrativo: ED330B

 

Forma de presentación de solicitudes:

Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica : [iniciar]

IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital ou DNI electrónico e máis a aplicación.

Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].

Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.

Toda a información se pode tamén consultar no enlace seguinte: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO (NEAE)

A convocatoria de axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) está aberta dende o 30 de abril 2024, ata o 13 de setembro 2024 (Para calquera dúbida contactar coa orientadora do centro). Pode ver toda a información no seguinte enlace:

https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html#dg8

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2023-2024

 

O prazo de presentación de solicitudes comeza hoxe, 29 de abril e remata o día 28 de maio de 2024. Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) , introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/). Adxúntase folla resumo das características do premio con indicacións importantes sobre como realizar a solicitude desde a aplicación de PremiosEdu.

Calendario exames finais 2º Bacharelato

Calendario coas datas dos exames finais de 2º de Bacharelato

Convocatoria de bolsas do MEC 24/25 para 1º e 2º de bacharelato e Formación Profesional

Hoxe empeza o prazo para solicitar as bolsas do Ministerio de Educación para o alumnado que cursará 1º e 2º de BACH e ciclos formativos no 2024/2025.

Adxúntase información xeral en galego e castelá e o enlace a páxina do ministerio.

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

Dous traballos STEMbach participarán nun Congreso Internacional en setembro de 2024

O pasado mes de maio dous grupos de alumnado STEMbach do noso instituto foron convidados a remitir as memorias dos seus traballos de investigación, e finalmente foron seleccionados para a 10ª Conferencia Internacional de Psicología Comunitaria y Encuentro de experiencias sociocomunitarias en extensión universitaria, que terá lugar entre o 10 e o 13 de setembro de 2024 na Universidad de la República Uruguay (Udelar), en Montevideo.

Estes traballos, defendidos nas convocatorias 2022-23 e 2023-24 do STEMbach, son "Estudo antropolóxico e histórico do papel do IES Arcebispo Xelmírez II nos cambios do barrio de Vite", de Antía Brandariz Rodríguez e Brais Neira Ferro, dirixido pola Dra. Cristina Sánchez-Carretero (Incipit-CSIC), e "Revisión e avaliación de programas de tratamento para agresores de violencia de xénero", de Iria López Romeo e Alba Vidal Seijo, dirixido polo Catedrático de psicoloxía forense da USC, Ramón Arce Fernández, e titorizados ambos polas profesoras do instituto Cristina Brión Calo e María del Carmen Rey Sobral.

O equipo coordinador dun dos grupos de traballo expresou un gran interese polos proxectos desenvolvidos, destacando que foron realizados nun centro público de ensino secundario, no contexto dun programa que impulsa a excelencia académica e as vocacións científicas, nomeadamente no eido das Ciencias Sociais. Así mesmo, considerou que a presentación dos mesmos na Conferencia permitirá compartir o coñecemento obtido e crear ou enriquecer un reservorio de experiencias de boas prácticas.

Moitos parabéns ao alumnado autor dos traballos, así como ás súas titoras e directores.

Seminario de investigación no INCIPIT a cargo de antigos alumnos

No curso 2022-23, Brais Neira e Antía Brandariz, que cursaban 2º de bacharelato STEMbach, desenvolveron o seu proxecto de investigación "O papel do IES Arcebispo Xelmírez II nos cambios do barrio de Vite", baixo a dirección da Dra. Cristina Sánchez Carretero, do Incipit-CSIC.

Pouco imaxinaban eles naquel momento que este precioso traballo os levaría por un camiño tan rico: a finais do pasado curso realizouse no IES Arcebispo Xelmírez II un Café Convite arredor desta investigación, actividade que tivo unha asistencia multitudinaria, e xa neste curso presentaron o seu traballo nos Premios Stephen Hawking (Rosalía de Castro-Abanca).

Agora van desenvolver nada máis e nada menos que un Seminario de Investigación no Incipit (CSIC) no que detallarán a realización desta investigación e as súas conclusións.

Este Seminario terá lugar na sede do Incipit, no Edificio Fontán (Bloque 4) da Cidade da Cultura, na sala 008 (Sala INCIPIT), o mércores día 19 de xuño ás 12:00 horas.

Estades todos convidados!

Calendario de exames da convocatoria extraordinaria 1º BAC.

No arquivo adxunto figura o calendario de exames da convocatoria extraordinaria para 1º de Bacharelato.

Calendario convocatoria Extraordinaria 2º Bac e Pendentes de 1º Bac

Adxúntase calendario de datas e horas das probas da convocatoria extraordinaria de 2º de Bac e Pendentes de 1º de Bac.

Calendario Probas Finais Materias Pendentes ESO

Adxúntase calendario Probas Finais Materias Pendentes ESO

Matrícula ABAU e solicitude do título de bacharelato

MOI IMPORTANTE: Non realizar ningún trámite nin facer ningún pagamento antes de recibir as notas de 2º Bach

1. SOLICITUDE DO TÍTULO DE BACHARELATO

Se tes aprobado 2º Bacharelato, vaias ou non á ABAU, tes que solicitar o título de bacharelato. Debes pagar as taxas correspondentes e presentar no centro o xustificante de pago e o impreso de solicitude.

2. PREMATRÍCULA NAS PROBAS ABAU

  • Impreso de prematrícula ABAU (Asinar tamén o apartado “consentimento cesión de datos”, que figura inmediatamente despois dos datos persoais) IMPORTANTE: ESTE IMPRESO FOI ACTUALIZADO POLA CIUG O 15 DE MAIO. SE TES DESCARGADO UN ANTERIOR, NON VALE. CUBRE ESTE.
  • Pago de taxas: Le con atención estas instrucións. O pago de taxas pode realizarse:

                - presencialmente en oficina bancaria. O pago efectúase antes da prematrícula no centro, con este impreso, e hai que aportar no  centro o xustificante de pago.     

               - telematicamente a través de Nerta. Esta modalidade de pagamento realízase despois da prematrícula no centro, despois de ter recibido os datos de acceso no teu correo electrónico e activar a conta na aplicación. Le atentamente as Instrucións Nerta.Convén que de todos modos aportes ao centro o xustificante de pago, para comprobar que non hai problemas coa matrícula.

                     (IMPORTANTE: Non activar a conta en Nerta ata que non recibas no teu correo electrónico o código necesario)     

  • Documentación a aportar no centro:
    • Impreso de solicitude do título de bacharelato cuberto.
    • Xustificante de pago das taxas do título de Bacharelato, por duplicado. En caso de pagamento online das taxas do título, o xustificante xerado no momento do pagamento. Se se fai presencialmente no banco, o documento selado pola entidade bancaria.
    • Impreso de matrícula ABAU cuberto, por duplicado.
    • Se o pagamento de taxas de ABAU se realiza en oficina bancaria, xustificante de pago de ABAU, por duplicado.
    • Fotocopia do DNI
    • En caso de familia numerosa, orixinal e fotocopia do libro de familia
    • En caso de Gratuidade: Documento acreditativo

 

PRAZO DE MATRÍCULA XOVES 16 E LUNS 20 DE MAIO

Horario de atención no centro:

    • Para evitar aglomeracións, convén que a matrícula se faga por grupos, en horario de 09 a 14. Preferentemente, o xoves 16 matrícula do alumnado con primeiro apelido ata a letra M (incluída), e o luns 20 o alumnado restante. 
    •  O martes 21 o alumnado debe revisar no centro os seus datos de matrícula ou comprobalos a través de NERTA, podendo interpoñer na secretaría do centro reclamación aos mesmos, ata as 14:00. Ese día recollerán en secretaría o certificado de Celga 4 e o seu historial académico.

 ABAU: COMISIÓNS DELEGADAS E SEDE DOS EXAMES

As comisións delegadas son os lugares onde se celebran os exames da ABAU, podes consultar a relación delas neste arquivo. O alumnado do IES Arcebispo Xelmírez II examínase na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, no Campus Norte.

PROTOCOLO PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS ABAU

É importante ler con atención o protocolo que rexerá a realización das probas.

Reclamacións ás calificacións finais curso 2023-24. Prazos e modelos.

Coñecidas as cualificacións finais tras seren publicadas en Abalar e/ou entregadas ao alumnado no centro, poderase presentar reclamación en primeiro lugar ante o centro, para que o departamento didáctico en cuestión revise a cualificación.

De persistir o desacordo, poderase presentar, tamén na oficina do centro, unha reclamación para que se tramite ante a Dirección Territorial (antes Xefatura Territorial).

Non se poderá recorrer á Dirección Territorial se non houbo reclamación previa ante o centro.

Tanto na oficina como nesta páxina teñen as instancias para presentar reclamacións tanto ante o centro como ante a Dirección Territorial.

No seguinte documento aparecen os prazos de reclamacións para cada nivel educativo.

Listaxes provisionais de admitidos e non admitidos do proceso de admisión do curso 2024/2025

Publicado no taboleiro do centro as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos do proceso de admisión do curso 2024/2025. O prazo para reclamar é de 5 días hábiles a partir de mañá, día 26 de abril de 2024.

Distribuir contido


by Dr. Radut