-3 de novembro: publicación dos censos electorais no taboleiro do centro.
-4 a 14 de novembro: presentación de candidaturas, na oficina do centro, mediante o impreso adxunto; presentación de alegacións ao censo electoral, tamén na oficina do centro.
-16 de novembro: proclamación de candidaturas e aprobacióndos censos electorais definitivos por parte da Xunta Electoral. Sorteo das mesas electorais dos sectores de nais/pais/titores legais, e alumnado.
-17 e 18 de novembro: prazo de reclamación á proclamación das candidaturas
-17 a 25 de novembro: campaña electoral..
-28 de novembro: xornada electoral. A votación das nais, pais e representantes legais do alumnado terán luga de 18:00 a 21:00. Teñen dereito a voto ambos proxenitores..
-30 de novembro: proclamación de candidatos electos.
Figuran como arquivos adxuntos as convocatorias do proceso para o sector do alumnado e o sector de nais, pais e representantes legais do alumnado, así como o modelo de presentación de candidatura, que tamén está dispoñible na oficina do centro, onde hai que presentalo.
No sector de nais e pais hai que elixir un representante. No momento da elección cada elector deberá marcar na papeleta un único nome.
No sector de alumnado hai que elixir dous representantes. No momento da elección cada elector deberá marcar na papeleta un único nome.