Skip to Content

Eleccións ao consello escolar: proclamación de candidaturas

En reunión de 11 de novembro, a Xunta Electoral responsable do proceso electoral para a renovación parcial do consello escolar do centro acordou aprobar as candidaturas que figuran no documento anexo, para os sectores de alumnado e de responsables legais do alumnado.

Poderanse presentar reclamacións a esta proclamación de candidaturas os días 12 e 13 de novembro.

A xornada electoral será o 21 de novembro, en horario escolar para o alumnado, e de 18:00 a 21:00 para os responsables legais.

Calendario Materias Pendentes ESO

Calendario de probas de materias pendentes da ESO

Convocatoria do proceso de elección para a renovación parcial e representantes no Consello Escolar

 

A Xunta Electoral que supervisará o proceso electoral para a renovación parcial do Consello Escolar, tal como establece a Resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 18/09), reunida con data de 25 e outubro, aprobou o seguinte calendario:  

 -30 de outubro: publicación dos censos electorais no taboleiro do centro.

-31 de outubro a 8 de novembro: presentación de candidaturas, na oficina do centro, mediante o impreso adxunto, tamén disponible na oficina; presentación de alegacións ao censo electoral, tamén na oficina do centro.

-11 de novembro: proclamación de candidaturas e aprobación dos censos electorais definitivos por parte da Xunta Electoral. Sorteo das mesas electorais dos sectores de nais/pais/titores legais, e alumnado.

-12 e 13 de novembro: prazo de reclamación á proclamación das candidaturas

-14 a 19 de novembro: campaña electoral..

-21 de novembro: xornada electoral. A votación das nais, pais e representantes legais do alumnado terán luga de 18:00 a 21:00. Teñen dereito a voto ambos proxenitores..

-25 de novembro: proclamación de candidatos electos.

Figuran como arquivos adxuntos as convocatorias do proceso para o sector do alumnado e o sector de nais, pais e representantes legais do alumnado, así como o modelo de presentación de candidatura, que tamén está dispoñible na oficina do centro, onde hai que presentalo.

No sector de nais e pais hai que  elixir un representante. No momento da elección cada elector deberá marcar na papeleta un único nome.

No sector de alumnado hai que elixir tres representantes. No momento da elección cada elector deberá marcar na papeleta un máximo de 2 nomes.

 

Horarios titorías curso 2024-25

Horarios Tirorías curso 2024-25

Calendario exames materias pendentes Bacharelato

Calendario exames materias pendentes Bacharelato

Visita dunha profesora de Croacia

Desde o 22 ao 23 de outubro de 2024 recibimos a visita da profesora croata Jagoda Oplanić, de Pazin, que asistiu a clases e se reuniu co equipo directivo, a orientado e representantes do grupo Erasmus+ do centro. Aínda que a visita foi breve, resultou moi produtiva tamén para o noso centro xa que nos permitiu coñecer o sistema educativo croata e explorar vías de colaboración dentro do programa Erasmus+ para os vindeiros cursos.

Jagoda

Visita de alumnado danés de Rønde (Aarhus-Dinamarca)

Esta semana pasada recibimos un grupo de oito alumnas e un alumno do instituto “Syddjurs Gymnasium” de Rønde (Aarhus-Dinamarca). Estiveron en Santiago desde o martes 8 ata o luns 14 de outubro aloxándose en familias xunto con alumnado do noso centro.

A pesar das malas condicións climatolóxicas que tivemos, durante a súa estancia en Galicia puideron visitar o Museo das Peregrinacións, a zona vella de Santiago, o Museo do Mar de Porto de Son, o Castro de Baroña e a zona vella de Noia. Foron uns días de socialización onde puideron coñecer o noso entorno, a nosa historia e a cultura, á vez que o noso alumnado puido ter unha primeira aproximación á cultura danesa.

A USC e Xuvenciencia organizan múltiples actividades para a G-Night do 27 de setembro

O moi activo equipo de Xuvenciencia envíanos a información do inmenso abano de actividades que van ter lugar, con moi diversas temáticas e adaptadas a múltiples idades, na tarde-noite do venres 27 de setembro en Lugo.

As actividades teñen lugar no Mercado Municipal e Praza de Abastos, con motivo da conmemoración mundial da G-Night para promocionar a ciencia e as persoas investigadoras.

Animádevos a participar!

Proxecto Erasmus+: visitamos un Liceo en Mysłowice (Polonia)

En setembro, dous profesores do centro, José Luis Martín e Ana Belén Blanco, tivemos a oportunidade de visitar o Liceum Tadeusza Kosciuski da vila de Mysłowice, pertiño de Katowice, e non lonxe de Cracovia.

É unha rexión ben interesante dun país cunha rica historia e unha interesante cultura.

Mysłowice é unha vila máis ben pequena, e o instituto visitado ten alumnado equivalente aos nosos niveis de 3º de ESO a 2º de Bacharelato. A súa sede atópase nun bonito edificio histórico, a escola ten máis de 100 anos de historia (non sempre co mesmo nome) e varios ex-alumnos que son notables personalidades da ciencia ou da cultura da rexión ou mesmo do país.

 

En cinco días puidemos intercambiar ideas e experiencias co profesorado, observar a súa práctica didáctica e conversar acerca da estrutura do sistema educativo en Polonia, mesmo en español, xa que esta é unha das linguas estranxeiras ofertadas na escola, por certo con bastante éxito.

Asistimos a diferentes clases de múltiples disciplinas (historia, música, matemáticas, química, lingua, bioloxía, informática, robótica...) e observamos a organización dos cursos e grupos, a utilización de material didáctico e a implicación do alumnado nas aulas.

 

Incluso, a profesora Ana Belén Blanco puido visitar algunha clase na escola de primaria que se atopa xusto fronte a este Liceo.

Tamén puidemos presentarlle a diferentes grupos como é o noso país, a nosa cidade e a nosa escola. Bastantes alumnas e alumnos amosaron interese pola nosa visita, fixéronnos preguntas sobre Galicia e sobre o noso alumnado e tamén nos explicaron algúns proxectos que desenvolve a escola e que resultan moi interesantes.

Foi unha experiencia enriquecedora, e ogallá que dea froito a unha cooperación máis fonda, e mesmo, por que non, a un futuro intercambio de alumnado.

Aventura en Montevideo: continúan as actividades

O venres 6 visitouse a "Asociación Civil La Pascua", na Cruz de Carrasco; foi a asociación que presentou a invitación á Conferencia de Montevideo. Alí puideron compartirse ideas sobre asociación comunitaria para a mellora da vida nos barrios.

Houbo tamén xogos e deporte.

Pola noite ¡Estadio Centenario en Montevideo! para asistir a un partido de fútbol Uruguai-Paraguai.

       

O sábado puideron adicalo a actividades de maior lecer, sen esquecer os contactos con anfitrións uruguaios: visita ao museo Casapueblo de Páez Vilaró e porto de Punta do Este.

   

O luns 9 de setembro, Brais, Antía e Iria presentaron os seus proxectos, ante alumnado de bacharelato, no Liceo Cervantes de Montevideo.

Pola noite, visitaron a casa de Galicia e foron recibidos pola directiva e a Delegada da Secretaría de Emigración da Xunta de Galicia.

Comentaron a súa experiencia e os seus traballos, así como o desenvolvemento do programa STEMbach no IES A. Xelmírez II. Tamén houbo comida e baile :)

 

O mércores día 11 participaron nun almorzo de traballo na 25ª edición dos Estudos de xénero, sexualidade e saúde reprodutiva.

 

Inicio do curso escolar 2024-25

09/09/2024 10:46

ALUMNADO DE ESO: Mércores 11 de setembro.

Chegada ao centro ás 8h30 e saída do centro ás 14h10. 

08:30 Chegada do alumnado de ESO e agrupamento por aulas no patio dianteiro do instituto.

O alumnado de 1º ESO subirá ao salón de actos, cos seus titores e equipo directivo. 

Os grupos de 2º, 3º e 4º ESO subirán ás aulas cos seus titores.

ALUMNADO DE BACHARELATO: Xoves 12 de setembro

1º BACHARELATO

Ás 09:00 benvida por parte do equipo directivo e orientadora no salón de actos, acompañados dos titores, cos que irán seguidamente ás aulas. A partir das 10:30, horario habitual.

2º BACHARELATO

Ás 10:30 benvida por parte do equipo directivo e orientadora no salón de actos, acompañados dos titores, cos que irán seguidamente ás aulas. A partir das 11:20, horario habitual.

OBSERVACIÓN: O TRANSPORTE ESCOLAR FUNCIONARÁ DENDE O MÉRCORES 11 DE SETEMBRO EN HORARIO HABITUAL.

Aventura en Montevideo: Presentación dos proxectos no Patronato da Cultura Galega

O xoves 5, na tarde noite, Antía, Iria, Brais e Marita presentaron os seus proxectos no Patronato da Cultura Galega en Montevideo.

Foi un acto emocionante. Noraboa!

 

 

Aventura en Montevideo

Tras unha viaxe sen incidentes, pero longa e agotadora, o primeiro que fixeron os nosos embaixadores foi agradecer a súa colaboración a todas as persoas implicadas nesta iniciativa.

O mesmo mércores día 4 comeza o amplo programa de actividades.

Curso de promotores en salud

 

Presentación dunha Cátedra UNESCO

Comeza a aventura: viaxe a Montevideo para a presentación de dous traballos STEMbach

Xa compartiramos con vós a iniciativa que ían levar a cabo tres antigos estudantes do IES Arcebispo Xelmírez II, que desenvolveron proxectos de investigación STEMbach no centro, en 2023 e 2024, no eido das Ciencias Sociais: Brais Neira e Antía Brandariz realizaran un estudo sobre a contribución do centro na evolución do barrio de Vite, e Iria Romeo, xunto con outra alumna, desenvolveu un traballo de análise sobre os programas de actuación con homes condeados por violencia de xénero.


Por un cúmulo de casualidades, estes traballos foron convidados a participar en setembro nun congreso internacional de investigación en Montevideo, Uruguai e presentar os seus traballos, e polo tanto querían vivir esta experiencia e ao mesmo tempo desenvolver unha ampla variedade de actividades difundido a súa investigación, a lingua galega, o papel das escolas públicas en Galicia e o programa STEMbach. Coa axuda dunha das titoras do traballo, Marita Rey, e de moitas outras persoas, foron moi activos buscando difusión e financiación para asistir ao congreso.

Pola súa parte, a organización da Universidade en Montevideo facilitou enormemente a asistencia do alumnado eximindo aos estudantes e á titora das cotas de inscrición e proporcionando manutención de balde, así como unha axuda económica; obtiveron tamén apoio de diferentes institucións (o propio instituto, o CSIC-Incipit, onde traballa unha das doutoras que dirixiu un dos traballos, o proxecto Vite Arquiva, o Colexio de Psicólogos de Galicia...) e tras moitas xestións, conseguiron tamén financiación da Consellería (3000€) , o que constituiu un impulso definitivo para a realización desta viaxe, e do Concello de Val do Dubra.

​Para conseguir os cartos que lles faltan, lanzaron unha campaña de micromecenazgo na rede: https://gofund.me/d7734f79 (Enlace á páxina na que se pode achegar calquera cantidade, desde 10€). A doazón pode ser anónima e pode ocorrer que a páxina ofreza doar unha contribución á plataforma, que é voluntaria e non contribué á iniciativa particular do alumnado.

Chegou o día, e o 2 de setembro partiron cara Montevideo.

 


A campaña de recollida de doazóns permanecerá aínda aberta, dado que non conseguiron aínda acadar a cantidade de cartos necesaria para a viaxe.


Esta iniciativa está a ter bastante visibilización nos medios (prensa, varios artigos en La Voz de Galicia, radio, cunha entrevista en COPE Santiago (https://www.cope.es/emisoras/galicia/a-coruna-provincia/santiago/noticia...), televisión cunha reportaxe en TVE Galicia...).

 Axudádenos, na medida do posible, a difundir esta campaña entre aquelas persoas e colectivos aos que podades chegar, ou directamente realizando unha contribución.

Entrega de libros do fondo solidario e cheques de material: curso 2024-25

A entrega fárase a próxima semana no seguinte horario:

4º ESO LUNS 9 DE SETEMBRO DE 17:00 A 19:00

3º ESO MARTES 10 DE SETEMBRO DE 17:00 A 19:00

2º ESO MÉRCORES 11 DE SETEMBRO DE 17:00 A 19:00

1º ESO XOVES 12 DE SETEMBRO DE 17:00 A 19:00

A recollida de libros e cheques de material debe ser feita polo pai/nai/titor/a legal do alumnado.

En caso de non ser posible, poderá recoller calquera outra persoa maior de idade con autorización expresa e escrita por parte do pai/nai/titor/a legal.

Se non poden vir no horario establecido poden chamar ao centro de 10h a 11h dende mañá, día 4 de setembro ata martes 10 de setembro e falar coa secretaria María Cernadas para concertar unha hora.

En caso de ser varios irmáns de diferentes cursos poden vir recoller un único día.

A recollida farase na aula de audiovisuais á que se accede polo lateral do edificio.

Distribuir contido


by Dr. Radut