Skip to Content

Comeza a aventura: viaxe a Montevideo para a presentación de dous traballos STEMbach

Xa compartiramos con vós a iniciativa que ían levar a cabo tres antigos estudantes do IES Arcebispo Xelmírez II, que desenvolveron proxectos de investigación STEMbach no centro, en 2023 e 2024, no eido das Ciencias Sociais: Brais Neira e Antía Brandariz realizaran un estudo sobre a contribución do centro na evolución do barrio de Vite, e Iria Romeo, xunto con outra alumna, desenvolveu un traballo de análise sobre os programas de actuación con homes condeados por violencia de xénero.


Por un cúmulo de casualidades, estes traballos foron convidados a participar en setembro nun congreso internacional de investigación en Montevideo, Uruguai e presentar os seus traballos, e polo tanto querían vivir esta experiencia e ao mesmo tempo desenvolver unha ampla variedade de actividades difundido a súa investigación, a lingua galega, o papel das escolas públicas en Galicia e o programa STEMbach. Coa axuda dunha das titoras do traballo, Marita Rey, e de moitas outras persoas, foron moi activos buscando difusión e financiación para asistir ao congreso.

Pola súa parte, a organización da Universidade en Montevideo facilitou enormemente a asistencia do alumnado eximindo aos estudantes e á titora das cotas de inscrición e proporcionando manutención de balde, así como unha axuda económica; obtiveron tamén apoio de diferentes institucións (o propio instituto, o CSIC-Incipit, onde traballa unha das doutoras que dirixiu un dos traballos, o proxecto Vite Arquiva, o Colexio de Psicólogos de Galicia...) e tras moitas xestións, conseguiron tamén financiación da Consellería (3000€) , o que constituiu un impulso definitivo para a realización desta viaxe, e do Concello de Val do Dubra.

​Para conseguir os cartos que lles faltan, lanzaron unha campaña de micromecenazgo na rede: https://gofund.me/d7734f79 (Enlace á páxina na que se pode achegar calquera cantidade, desde 10€). A doazón pode ser anónima e pode ocorrer que a páxina ofreza doar unha contribución á plataforma, que é voluntaria e non contribué á iniciativa particular do alumnado.

Chegou o día, e o 2 de setembro partiron cara Montevideo.

 


A campaña de recollida de doazóns permanecerá aínda aberta, dado que non conseguiron aínda acadar a cantidade de cartos necesaria para a viaxe.


Esta iniciativa está a ter bastante visibilización nos medios (prensa, varios artigos en La Voz de Galicia, radio, cunha entrevista en COPE Santiago (https://www.cope.es/emisoras/galicia/a-coruna-provincia/santiago/noticia...), televisión cunha reportaxe en TVE Galicia...).

 Axudádenos, na medida do posible, a difundir esta campaña entre aquelas persoas e colectivos aos que podades chegar, ou directamente realizando unha contribución.



page | by Dr. Radut