Reclamacións ás calificacións finais curso 2023-24. Prazos e modelos.
Coñecidas as cualificacións finais tras seren publicadas en Abalar e/ou entregadas ao alumnado no centro, poderase presentar reclamación en primeiro lugar ante o centro, para que o departamento didáctico en cuestión revise a cualificación.
De persistir o desacordo, poderase presentar, tamén na oficina do centro, unha reclamación para que se tramite ante a Dirección Territorial (antes Xefatura Territorial).
Non se poderá recorrer á Dirección Territorial se non houbo reclamación previa ante o centro.
Tanto na oficina como nesta páxina teñen as instancias para presentar reclamacións tanto ante o centro como ante a Dirección Territorial.
No seguinte documento aparecen os prazos de reclamacións para cada nivel educativo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
impreso reclamacion centro.pdf | 131.02 KB |
Reclamacións ás cualificacións.odt.pdf | 49.1 KB |
modelo reclamacion direccion territorial.pdf | 105.83 KB |