Matrícula ABAU e solicitude do título de bacharelato
MOI IMPORTANTE: Non realizar ningún trámite nin facer ningún pagamento antes de recibir as notas de 2º Bach
1. SOLICITUDE DO TÍTULO DE BACHARELATO
Se tes aprobado 2º Bacharelato, vaias ou non á ABAU, tes que solicitar o título de bacharelato. Debes pagar as taxas correspondentes e presentar no centro o xustificante de pago e o impreso de solicitude.
- Impreso de solicitude do título de Bacharel
- O pagamento pode ser presencial en oficina bancaria ou telemático, na páxina da Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia. En calquera caso garda o xustificante de pagamento. Aquí tes as instrucións.
2. PREMATRÍCULA NAS PROBAS ABAU
- Impreso de prematrícula ABAU (Asinar tamén o apartado “consentimento cesión de datos”, que figura inmediatamente despois dos datos persoais) IMPORTANTE: ESTE IMPRESO FOI ACTUALIZADO POLA CIUG O 15 DE MAIO. SE TES DESCARGADO UN ANTERIOR, NON VALE. CUBRE ESTE.
- Pago de taxas: Le con atención estas instrucións. O pago de taxas pode realizarse:
- presencialmente en oficina bancaria. O pago efectúase antes da prematrícula no centro, con este impreso, e hai que aportar no centro o xustificante de pago.
- telematicamente a través de Nerta. Esta modalidade de pagamento realízase despois da prematrícula no centro, despois de ter recibido os datos de acceso no teu correo electrónico e activar a conta na aplicación. Le atentamente as Instrucións Nerta.Convén que de todos modos aportes ao centro o xustificante de pago, para comprobar que non hai problemas coa matrícula.
(IMPORTANTE: Non activar a conta en Nerta ata que non recibas no teu correo electrónico o código necesario)
- Documentación a aportar no centro:
- Impreso de solicitude do título de bacharelato cuberto.
- Xustificante de pago das taxas do título de Bacharelato, por duplicado. En caso de pagamento online das taxas do título, o xustificante xerado no momento do pagamento. Se se fai presencialmente no banco, o documento selado pola entidade bancaria.
- Impreso de matrícula ABAU cuberto, por duplicado.
- Se o pagamento de taxas de ABAU se realiza en oficina bancaria, xustificante de pago de ABAU, por duplicado.
- Fotocopia do DNI
- En caso de familia numerosa, orixinal e fotocopia do libro de familia
- En caso de Gratuidade: Documento acreditativo
PRAZO DE MATRÍCULA XOVES 16 E LUNS 20 DE MAIO
Horario de atención no centro:
- Para evitar aglomeracións, convén que a matrícula se faga por grupos, en horario de 09 a 14. Preferentemente, o xoves 16 matrícula do alumnado con primeiro apelido ata a letra M (incluída), e o luns 20 o alumnado restante.
- O martes 21 o alumnado debe revisar no centro os seus datos de matrícula ou comprobalos a través de NERTA, podendo interpoñer na secretaría do centro reclamación aos mesmos, ata as 14:00. Ese día recollerán en secretaría o certificado de Celga 4 e o seu historial académico.
ABAU: COMISIÓNS DELEGADAS E SEDE DOS EXAMES
As comisións delegadas son os lugares onde se celebran os exames da ABAU, podes consultar a relación delas neste arquivo. O alumnado do IES Arcebispo Xelmírez II examínase na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, no Campus Norte.
PROTOCOLO PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS ABAU
É importante ler con atención o protocolo que rexerá a realización das probas.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
solicitude titulo bacharelato.pdf | 166.69 KB |
instrucions pago taxas abau.pdf | 145.6 KB |
impreso_taxas_bach.pdf | 179.94 KB |
instruccions_nerta_alumnado_abau_2024.pdf | 112.91 KB |
protocolo_ 2024.pdf | 245.92 KB |
anexo_II_comisions_delegadas.pdf | 918.03 KB |
pago taxas bacharel.pdf | 653.79 KB |
Impreso_prematricula_bach-2024-Def-2.pdf | 279.3 KB |