Skip to Content

Seminario de investigación no INCIPIT a cargo de antigos alumnos

No curso 2022-23, Brais Neira e Antía Brandariz, que cursaban 2º de bacharelato STEMbach, desenvolveron o seu proxecto de investigación "O papel do IES Arcebispo Xelmírez II nos cambios do barrio de Vite", baixo a dirección da Dra. Cristina Sánchez Carretero, do Incipit-CSIC.

Pouco imaxinaban eles naquel momento que este precioso traballo os levaría por un camiño tan rico: a finais do pasado curso realizouse no IES Arcebispo Xelmírez II un Café Convite arredor desta investigación, actividade que tivo unha asistencia multitudinaria, e xa neste curso presentaron o seu traballo nos Premios Stephen Hawking (Rosalía de Castro-Abanca).

Agora van desenvolver nada máis e nada menos que un Seminario de Investigación no Incipit (CSIC) no que detallarán a realización desta investigación e as súas conclusións.

Este Seminario terá lugar na sede do Incipit, no Edificio Fontán (Bloque 4) da Cidade da Cultura, na sala 008 (Sala INCIPIT), o mércores día 19 de xuño ás 12:00 horas.

Estades todos convidados!



page_ppp | by Dr. Radut