Skip to Content

contador gratis para blog

6º Infantil

Nenos con dereitos, nenos con futuro.

                           

 

Aquí vos deixamos o cartel  que fixemos cos alumnos de Infantil con motivo do día dos dereitos do neno.

Nenos con dereitos = nenos con futuro.

Os dereitos dos nenos

Rematamos a semana lembrando que as nenas e nenos do mundo teñen ‪#‎dereitos‬. E estes son algo máis que simples palabras. Están para cumprirse: ‪#‎saúde‬‪#‎identidade‬‪#‎educación‬‪#‎familia‬‪#‎paz‬‪#‎liberdade‬,‪#‎xogo‬‪#‎protección‬‪#‎nondiscriminación‬‪#‎coidados‬... Son máis que palabras. Son dereitos.

Disfrutando do Magosto.

Chourizos,castañas,xogos e moitas,moitas risas!!!

Os alumnos de Infantil disfrutaron do Magosto no campo da Saleta. Aquí vos quedan estas fermosas fotos.

 

Unha,dúas e tres castañas ... na aula de 3 e 4 anos aprendemos con moita ilusión.

PRANTADO EDRAS NO PATIO DE INFANTIL

Os nenos e as nenas de 3º e 4º de Primaria colaboran na formación dun muro natural feito con edra no patio de Infantil. Velaquí o seu traballo de plantación

MAGOSTO 2015

MENÚ DE NOVEMBRO

 

 

Aquí temos o menú de Novembro A xantar!!

 

Ourizos con follas do Outono.

 Os alumnos de 3 e 4 anos decoraron na casa estes ourizos con follas do outono ca colaboración das familias. Unha vez máis queremos agradecer a vosa participación nas diferentes actividades programadas dende a escola.

O Samaín.

Chegou o Outono, e con el, o tempo da vendimia, das castañas, das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e sobre todo, de medo, de moito medo.

Neste video podesdes ver as cabazas que debuxaron os alumnos de Infantil de 3 e 4 anos. 

Vídeos de infantil

A familia e onde medramos, onde aprendemos a ser quen somos, onde formamos a nosa personalidade e polo tanto o principal pilar do noso entorno emocional. Os alumnos de 3 e 4 anos fixeron uns debuxos das súas familias fantásticos que queren compartir con toda a comunidade educativa. 

En Infantil estamos a traballar o outono e esta semana os alumnos de 3 e 4 anos decidimos facer unha folla animada. Neste video podedes ver que fermosa nos quedou.  

Chegou o Outono, e con el, o tempo da vendimia, das castañas, das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e sobre todo, de medo, de moito medo. Neste video podesdes ver as cabazas que debuxaron os alumnos de Infantil de 3 e 4 anos. 

Sentada Lectora

No Día das Bibliotecas sacamos os nosos libros ao sol. Porque calquer lugar é bo para deixarse atrapar por unha historia. Emoción, medo, romance ou botar unhas risas sentados canda os amigos no patio. Un recreo diferente na compaña dun bo libro. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut