O alumnado de Infantil do Cole de Cea percorre un anaco do Camiño de Santiago e visita o albergue de peregrinos en San Cristovo de Cea. Esta actividade enmárcase no proxecto Faise o Camiño que é o marco no cal se desenvolven as actividades complementarias e extraescolares no terceiro trimestre 2015/2016 así como é o título do proxecto educativo neste mesmo período na etapa de infantil.
Feliz día do pai de parte dos nenos e nenas do Cole de Cea. Graciñas por coidarnos, por querernos e por guiarnos tan ben como o facedes polo camiño da vida.
Preparando o camiño: Un gran libro viaxeiro percorre nestes días as casas do alumnado de infantil. As familias recollen nel lendas, adiviñas, fotos e historias relacionadas co camiño. A iniciativa enmárcase dentro do novo proxecto: ANDANDO FAISE O CAMIÑO
Cada camiño comeza cun primeiro paso. Sen el nada é posible. Aquí está o noso. Comeza un novo proxecto educativo en Infantil: "Andando faise o camiño". Os contidos e materiais didácticos dos vindeiros meses do curso terán o seu centro de interese no Camiño de Santiago. Un pequeno paso para os cativos. Un gran paso na súa aprendizaxe.
Días de Entroido, festa, música e moita troula. Os alumnos de Infantil desfilaron no Entroido do colexio de peregrinos e estiveron fantásticos. Pasámolo xenial, bailamos,cantamos e tomamos chocolate con churrosss!!!