APRENDENDO
PARA UN
MUNDO MELLOR
A familia e onde medramos, onde aprendemos a ser quen somos, onde formamos a nosa personalidade e polo tanto o principal pilar do noso entorno emocional. Os alumnos de 3 e 4 anos fixeron uns debuxos das súas familias fantásticos que queren compartir con toda a comunidade educativa.
En Infantil estamos a traballar o outono e esta semana os alumnos de 3 e 4 anos decidimos facer unha folla animada. Neste video podedes ver que fermosa nos quedou.
Chegou o Outono, e con el, o tempo da vendimia, das castañas, das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e sobre todo, de medo, de moito medo. Neste video podesdes ver as cabazas que debuxaron os alumnos de Infantil de 3 e 4 anos.