Os nenos e as nenas de 3º e 4º de Primaria colaboran na formación dun muro natural feito con edra no patio de Infantil. Velaquí o seu traballo de plantación
Os alumnos de 3 e 4 anos decoraron na casa estes ourizos con follas do outono ca colaboración das familias. Unha vez máis queremos agradecer a vosa participación nas diferentes actividades programadas dende a escola.
Chegou o Outono, e con el, o tempo da vendimia, das castañas, das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e sobre todo, de medo, de moito medo.
Neste video podesdes ver as cabazas que debuxaron os alumnos de Infantil de 3 e 4 anos.
A familia e onde medramos, onde aprendemos a ser quen somos, onde formamos a nosa personalidade e polo tanto o principal pilar do noso entorno emocional. Os alumnos de 3 e 4 anos fixeron uns debuxos das súas familias fantásticos que queren compartir con toda a comunidade educativa.
En Infantil estamos a traballar o outono e esta semana os alumnos de 3 e 4 anos decidimos facer unha folla animada. Neste video podedes ver que fermosa nos quedou.
Chegou o Outono, e con el, o tempo da vendimia, das castañas, das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e sobre todo, de medo, de moito medo. Neste video podesdes ver as cabazas que debuxaron os alumnos de Infantil de 3 e 4 anos.
No Día das Bibliotecas sacamos os nosos libros ao sol. Porque calquer lugar é bo para deixarse atrapar por unha historia. Emoción, medo, romance ou botar unhas risas sentados canda os amigos no patio. Un recreo diferente na compaña dun bo libro.