Skip to Content

contador gratis para blog

4º Infantil, Plan Proxecta, 6º Infantil

Pequenos peregrinos fan o camiño.

O alumnado de Infantil do Cole de Cea percorre un anaco do Camiño de Santiago e visita o albergue de peregrinos en San Cristovo de Cea. Esta actividade enmárcase no proxecto Faise o Camiño que é o marco no cal se desenvolven as actividades complementarias e extraescolares no terceiro trimestre 2015/2016 así como é o título do proxecto educativo neste mesmo período na etapa de infantil.

 

CONTACONTOS CON RAQUEL QUEIZÁS

Feliz día do pai !!!

Feliz día do pai de parte dos nenos e nenas do Cole de Cea. Graciñas por coidarnos, por querernos e por guiarnos tan ben como o facedes polo camiño da vida. 

Foto de O Cole de Cea.

O libro viaxeiro

Preparando o camiño: Un gran libro viaxeiro percorre nestes días as casas do alumnado de infantil. As familias recollen nel lendas, adiviñas, fotos e historias relacionadas co camiño. A iniciativa enmárcase dentro do novo proxecto: ANDANDO FAISE O CAMIÑO

Andando, faise o camiño.

Cada camiño comeza cun primeiro paso. Sen el nada é posible. Aquí está o noso. Comeza un novo proxecto educativo en Infantil: "Andando faise o camiño". Os contidos e materiais didácticos dos vindeiros meses do curso terán o seu centro de interese no Camiño de Santiago. Un pequeno paso para os cativos. Un gran paso na súa aprendizaxe.

MENÚ DO MES DE MARZO

 

Boas vacacións de Semana Santa!! A disfrutar e descansar!!

FOTOS DO ENTROIDO 2016

Facendo o camiño. Infantil

Días de Entroido, festa, música e moita troula. Os alumnos de Infantil desfilaron no Entroido do colexio de peregrinos e estiveron fantásticos. Pasámolo xenial, bailamos,cantamos e tomamos chocolate con churrosss!!!

Viva o Entroido !!!

Vivan os alumnos de Infantilll!!! 

Comenza o Entroido.

Durante toda a semana e seguindo as ordes da Meca os alumnos de Infantil disfrutaron do comenzo do Entroido no colexio.

Música, bailes, cancións e actividades diversas dan comenzo a festa máis divertida do ano.

Viva,viva o Entroido!!!

 

Día da Paz.

Os alumnos de Infantil fixeron o longo da semana diferentes actividades relacionadas ca Paz.

Estas son as palomas que fixeron.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut