Skip to Content

contador gratis para blog

4º Infantil, Plan Proxecta, 6º Infantil

INFORMACIÓN PARA A MATRÍCULA 2015/2016

Dende o 1 de marzo ata o 20 de marzo íníciase o período de solicitude de admisión para o vindeiro curso escolar (2015/2016).

Documentación:

  • Impreso de matrícula (proporcionado polo Centro ou ver arriba "adxunto").
  • Impreso de Certificación Médica.
  • Fotocopia do Libro de Familia (Só as follas onde aparecen os pais e o/a alumno/a)
  • Fotocopia do DNI do alumno/a
  • Fotocopia do DNI dos pais.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria o Cartilla do Seguro.
  • Certificado de Empadroamento (Pedir ao Concello)
  • 6 fotografías actuais tamaño carné.
  • Se procede doutro Centro Educativo: Certificado de Estudos que está a realizar

 

O 25 de abril publicaranse as listas provisionais de admitidos e non admitidos.

Antes do 15 de maio publicaranse as listas definitivas de admitidos e non admitidos

O periodo de formalización de matrícula será:

  • do 1 ao 30 de xuño para Infantil e Primaria.
  • do 25 de xuño ao 10 de xuño para Secundaria
  • do 1 ao 10 de setembro para Secundaria (Prazo Extraordinario)

DÍA DA PAZ ESCOLAR E NON VIOLENCIA

Este ano celebramos o día da Paz Escolar e Non Violencia traballando pola convivencia, a tolerancia e o respeto a diversidade. O alumnado de Infantil e Primaria visionaron e profundizaron na mediametraxe "O balón vermello" e o alumnado de Secundario fixo un manifesto.

Para rematar o acto fixemos unha solta de globos con ambientación musical do Himno da Alegría. Velaquí algunhas imaxes.

Visita ó Auditorio de Ourense

Os alumnos de Infantil disfrutaron o luns no Auditorio de Ourense dunha fantástica sesión de contos de animais.

Unha coidada selección de contos tradicionais onde os seus personaxes, que estaban feitos con distintos materiais de reciclaxe, se movían ó son da música clásica de Bach, Mozart ou Brahms…

Foi unha actividade que nos permitiu gozar dos contos e afondar un pouco máis no que estamos a traballar na clase, os animais

 

 

CESTAS LITERARIAS 2015

O Equipo de Biblioteca, un ano mais, quere premiar o gusto pola lectura!

Dende o mes de febreiro ata o mes de abril, o alumnado que leve emprestado libros da Biblioteca Escolar daráselle unha papeleta cun número.  Debedes gardar esas papeletas numeradas para o sorteo dunhas cestas literarias que se fará o Día do Libro (23 de abril), o sorteo será  por etapas educativas (Infantil, Primaria e Secundaria).

ACLARACIÓNS SOBRE A XORNADA ÚNICA

Co gallo de aclarar aquelas dúbidas que foron xurdindo na reunión informativa sobre a xornada única para o curso 2015/2016, matizamos:

  • O alumnado vai ter comedor e transporte sempre que así o demanden.

 

  • Os martes, mércores, xoves e venres saése ás 14:00 se non se come no comedor.

 

  • O alumnado poderá saír do Centro:
        • ás 14: 00 horas se non queda a Comedor de forma particular.
        • ás 15:30 horas se queda a Comedor e pode irse tanto no transporte escolar como particularmente (agás os luns)
        • ás 17:30 horas os luns no transporte escolar
        • ás 16:45 horas, de forma particular, se queda ás actividades Extraescolares da ANPA ou na Biblioteca-Ludoteca Escolar

 

SAN VALENTÍN NA BIBLIOTECA DO COLE DE CEA

 

Día de San Valentín

 O vindeiro 14 de febreiro é o día de San Valentín, e por iso dende a biblioteca imos recoller unha escolma de cartas e/ou poemas que xiren en torno o eixo do amor. Poderémolas expoñer no taboleiro. Así que preme o teu corazón e escribe. Xa o dicía Dante: “O amor move ó sol e as demais estrelas”. Móveste?

 

 

REUNIÓN PARA INFORMAR SOBRE O PROXECTO DE CAMBIO DE HORARIO

LEMBRÁMOSVOS QUE O VINDEIRO XOVES, 5 DE FEBREIRO ÁS 20:00 HORAS, CELEBRARASE UNHA REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O PROXECTO DE CAMBIO DE HORARIO .

AGRACEDEMOS A SÚA ASISTENCIA

POSTAIS GAÑADORAS DO CONCURSO DE POSTAIS 2014

AQUÍ TEDES AS TRES POSTAIS GAÑADORAS DO CONCURSO DE POSTAIS 2014

 

 

Nuria Paz (5º Infantil)

 Mauro Palmou Atene (4º EP)

 Xosé Pérez Blanco (1º ESO)

 

GALERÍA DE IMAXES DO FESTIVAL DE NADAL 2014

Xa temos as fotos do Festival de Nadal 2014!!

Aproveitamos a ocasión para lembravos que voltamos o 8 de xaneiro

BOAS FESTAS E FELIZ ANINOVO 2015

 

Chega o Nadal!

Chegou o Nadal ao cole!! Os alumnos de Infantil xa temos decorado as aulas e agora estamos a preparar o festival de Nadal para o vindeiro venres 19 de Decembro.

Así quedou o noso traballo!!! 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut