Pero que instrumento é este! Que sona como un violín pero non ten arco. Que ten teclas pero non é un acordeón. Que ten unha manivela que lle permite facer sons loooongos. Tan antigo e tan moderno ao mesmo tempo. É a zanfona!
A zanfona pode ser tradicional e tamén moderna. Aquí tedes a Anxo Pintos, mestre zanfonista e músico de Berroguetto. Tocando unha moderna zanfona e usando pedais como se fose un guitarrista.
Amancio Prada, o músico do Bierzo, toca un romance cunha zanfona francesa.
Aquí outro virtuoso da zanfona, Germán Diaz, que amplía ao máximo os límites sonoros do instrumento. Por algo lle chaman o Jimi Hendrix da zanfona.
Ás veces tamén podemos atopalas en orquestra, como no caso de SondeSeu, a orquestra de música tradicional de Vigo.
Dádelle ao play e ides lendo mentras escoitades. Porque non se pode perder un segundo sen presenciar esta marabilla de dúo para violín e viola.
Cóntovos que tocan dous grandes monstros da corda fretada. Tan virtuosos como amigos o un do outro. Itzhak Perlman ao violín e Pinchas Zukerman á viola. Acadan a perfección executando estas variacións de Johan Halvorsen sobre a suite nº7 en sol menor HWV 432 de Haendel.
E por se quedades con ganas aquí tedes outra versión tocada uns anos antes. Escollede cal é a que máis vos gusta.
Este ano, na asignatura de Educación Física en Primaria, nos cursos de 5º e 6º, ocurriusenos unha idea. Facer un traballo de investigación sobre os xogos que hai nas diferentes partes do mundo. Fixémolo por continentes e a verdade, é que quedou moi ben. Aquí vos presentamos as portadas dos diferentes traballos que, todo hai que dicilo, están moi curradas.