Remata o mes de maio e queremos compartir con vós esta gravación de coplas. A tradición dos maios ten moito arraigo na nosa provincia, e consiste na elaboración dunha construcción, artística ou tradicional, con madeira, tela de saco e todo tipo de ornamentos naturais, como flores, carrabouxos, toxos, carqueixa, xesta, etc. Ao redor dela, e ás veces no seu interior, nenos e maiores cantan unhas coplas que sempre levan a mesma melodía e teñen letras que fan referencia a acontecementos do ano. A TVG contactou connosco para gravar en vídeo aos nenos cantando e emitilo nun especial o 25 de xullo de 2012, adicado ás letras galegas. As coplas están escritas no curso 2011/2012 polo alumnado de 4º de primaria: Mª José, Mª Jesús, Abraham, Yoel, Saleta, Tania, Rubén e Hugo.
Os intérpretes e cursos son: 1º: Nuria, María e Aitiana, 2º: Óscar, Nerea e Valeria, 3º: Sara, Alicia e Rocío, 4º: Andrea, Carla e Alejandro, 5º: Celia, Mª José e Yoel e 6º: Alejandro, Nieves, Carlota e Andrea.
O mércores 9 de maio estivo Ico, o cantante do Sonoro Maxín, no noso centro. Contounos as historias do seu grupo, do seu novo disco. Falounos da experiencia de sair de xira, de gravar nos estudios Gárate ou de facer unha versión do éxito infantil Maite Zaitut. Ademais recibiu unha sorpresa dos nenos e nenas de primeiro de primaria, que lle regalaron uns debuxos inspirados na canción Quérote Máis.
Os nenos de Infantil e de 1º Ciclo de Primaria están a coñecer o proceso de transformación dos vermes da seda en bolboretas de seda. Trátase do proxecto "Enredando, artesanía na Escola" que está a desenvolver a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en catro centros educativos de cada provincia.
A programación do EDL para o mes de maio segue en marcha. Desta volta tocoulle ao alumnado do 1º ciclo de primaria participar nunha actividade de xogos populares da man do Lito e máis a Marta do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense. Fabricaron unhas turutas con cana e fixeron bailar unha avelá como se fora un peón. Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas, así que seguro voltarán polo centro o ano que ven.
E cantou. E levounos de viaxe coas súas historias sobre a África lusófona. Visitamos Cabo Verde, Moçambique e Angola. Terras lonxanas que están máis perto do que semella.
Velaquí o aspecto que locen os corredores do edificio de primaria no inicio da primavera de 2012. Algúns dos traballos de plástica e inglés expóñense nas paredes e tamén na rede para que todo o mundo os poida admirar.