O Departamento de Orientación do CPI Virxe da Saleta organiza as IV Xornadas de Orientación Académica e Profesional. Están convidados a asistir todo o alumnado da ESO e as súas familias. Terán lugar os vindeiros 9 e 10 de abril a partires das 15:30 na aula de música do CPI. A xornada do día 9 tratará sobre Formación Profesional e Mundo Laboral e contará coa participación dos seguintes relatores: D. José Manuel Torres González, propietario da funeraria Saleta e Seguros Mapfre; D. Marcos Mosquera Otero, técnico Superior en Imaxe e Son e reporteiro da Sexta “España en directo”; Dna. Estefanía Hermida Hermida, CS Administrativo e actualmente estudante de Empresariais, exalumna do CPI Virxe da Saleta; Juan Manuel Muñoz Vázquez, cociñeiro do restaurante Ateneo e D. Diego Vázquez González, técnico en electromecánica do vehículo e propietario do taller Dilux.
A segunda xornada céntrase no Bacharelato e Universidade e nela participarán: Dna. Fátima Fernández Fernández, licenciada en Xornalismo e exalumna do CPI Virxe da Saleta; Dna. Lucía Rodríguez Rodríguez, Licenciada en Farmacia e Exalumna do CPI Virxe da Saleta; Dna. Maite Fernández Pérez, Diplomada en Traballo Social e Traballadora Social do Concello de Piñor; Dna. Lucía Formoso Ojea, Diplomada en Logopedia e Máster en intervención logopédica na infancia e na adolescencia, traballadora da unidade de atención temperá da comarca do Deza; D. Francisco Otero Janeiro, Licenciado en Arquitectura e Profesor de Educación Secundaria da especialidade de dibuxo no IES Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín; D. Antonio Nogueira Meije, Licenciado en Filoloxía clásica e Profesor Titular da Academia Postal e Dna. Anna Bosak, Licenciada en Español e Ciencias Políticas e Lectora de inglés no CPI Virxe da Saleta.