Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria fomos de excursión a Vigo. A nosa primeira parada foi o Aeroporto de Vigo. Alí un guía levounos a coñecer o interior do Aeroporto: sacamos a tarxeta de embarque, pasamos os controis policiais e dirixímonos a nosa porta de embarque...mágoa que non tiveramos un voo!!Despois coñecimos os bombeiros, que pasada o camión e os canóns de auga!! Veu un falconeiro a ensinarno unha aguia e nese intre...despegaba un avión!!
Marchamos cara a cidade, a Naturnova. Alí estivemos nun simulador de submarino e indagamos sobre a natureza.Xantamos no Parque de Castrelos, que parque mais chulo!!
Pola tarde fomos en ferri ata Cangas, case nos voas as gorras!! Merendamos nun parque fantástico e voltamos moi ledos cara Cea.
https://goo.gl/photos/iZjQFxtodhLWgoHn8