No presente curso escolar imos desenvolver un proxecto educativo impulsado dende a Biblioteca Escolar, “Faise o Camiño”.
Debido a que o Cole é lindeiro coa Vía da Prata ou Camiño do Sur, queremos dar a coñecer a importancia histórica, social e económica do Camiño en Galicia.
O obxectivo principal é socializar a comunidade educativa do valor natural, cultural e patrimonial do Camiño de Santiago ao seu paso polos Concellos de San Cristovo de Cea e Piñor.
Dende este centro de interese tentaremos traballar o maior número de competencias clave.
As actividades levada a cabo ata o momento son as seguintes:
-
Convocamos a toda a Comunidade Educativa a participar con fotografías relacionadas con Camiño na exposición “Ollando o Camiño en ...”. Isto é, enviar fotografías a dirección de correo faiseocamino@gmail.com ou traelas ao Centro en formato dixital para a posterior exposición tanto na páxina web, na redes sociais e na cortiza do corredor do Edificio Principal.
-
Intercambio epistolar cun Centro Educativo de Francia
-
As actividades extraescolares e complementarias van encamiñadas a afondar e/ou complementar este traballo: Nadal, Día Internacional da Paz e a Convivencia Escolar, Entroido...
E moitas outras actividades coas que os iremos sorprendendo a longo deste curso!