Skip to Content

contador gratis para blog

Taboleiro

Magosto 2012

Festa, castañas, caras pintadas, unha ginkana, cantamos e bailamos, xogamos a encestar a castaña. En definitiva, un magosto para pasalo ben, ben, ben.

Presentando as cantigas

E para acompañar tan magno evento, como é a publicación do noso libro, presentámosvos unha escolma de cantigas recitadas polo alumnado do 1º ciclo de primaria. A tradición ten futuro no noso centro.

Cóntame e Cántame Avoa

Aquí tedes o noso tesouro de cantigas. Pedras preciosas da enciclopedia do saber popular que viaxan pola rede ata as vosas panallas para que cantedes, recitedes ou simplemente gocedes coa súa lectura. Cántame e cóntame avoa é unha recompilación de cantigas recollidas nos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor, Maside e Ourense.
O traballo xa empezou o ano 2004. O alumnado de infantil, dirixido pola profesora María Carmen Fernández Vázquez, realizou a recollida das cantigas utilizando unha gravadora e un caderno. Este traballo prolongouse durante dous cursos.
O curso pasado, coa axuda da tecnoloxía, dixitalizamos as gravacións e fixemos o deseño do libro, que a dirección do centro imprimiu en papel en edición limitada para as familias que participaron no proxecto e que podemos ler na súa edición dixital. Tamén fixemos un vídeo para presentar o traballo no que o alumnado do primeiro ciclo de primaria recita unha selección das cantigas.
No libro recóllense máis de 600 cantigas agrupadas nos apartados animais, sentimento, emigración, lugares, para cantar e bailar, relixiosas, satíricas e humorísticas, traballo e temas varios. Cada cantiga r ven acompañada do nome, idade e lugar da persoa que a aportou. O escritor Xosé Carlos Caneiro, profesor do centro durante o curso 1986-1987, fixo o prólogo do libro.

Galiciencia 2012

Galiciencia 2012. Alá imos! Estes son os nosos proxectos para esta edición da feira tecnolóxico educativa que se celebra na Tecnópole ourensá:

ONDE O PAN É ARTE Autoras: BEATRIZ BLANCO POUSADA e SANDRA PEREZ VILAS

 Imos a  investigar a historia e a repercusión que ten tanto a nivel familiar, económico, industrial, así como alimenticio, a fabricación  dun alimento tan importante como é o pan, pero centrado no pan da nosa localidade que é Cea. Fixemos este traballo porque é un producto da nosa terra e querémolo dar a coñecer e que a xente saiba verdadeiramente como se elabora e cal é o resultado tan satisfactorio deste proceso artesanal, que se pode apreciar cando se ten unha peza nas túas mans. Tamén queremos coñecer a historia do pan, e a importancia económica e social que supuxo para a comarca de Cea.

 SOMOS O QUE COMEMOS...  SABEMOS O QUE COMEMOS? Autoras: ANTÍA NOGUEIRA BLANCO e ALBA NÓVOA GIL

Aos nosos oídos chegou unha información negativa sobre os aceites vexetais, sobre todo o de coco e palma, o que nos fixo investigar sobre eles para saber se isto era verdade ou mentira. Para a nosa sorpresa tomámolos con moita asiduidade, non son bos para nós e nalgúns alimentos non se reflexa claramente a súa procedencia, senón que aparece nas etiquetas dos productos como aceite vexetal, sen especificar a súa procedencia. Se o aceite de palma e coco é malo para a nosa saúde  tamén o é para o noso planeta, xa que cada ano son millóns de hectáreas as que se están destruíndo pola gran demanda destes aceites. Indonesia é unha das zonas que se está quedando sen selva tropical pero en cambio teñen beneficios as grandes multinacionais  que intentan frear toda información negativa que se diga referente a estes aceites.

 

Aquí tedes un video relacionado co tema...

Tras el último hombre del bosque from FOTOSconLETRA on Vimeo.

 

A FORMULA 1, ¿DESPILFARRO OU INVERSIÓN? Autores: Iván Casado Arbore e Diego Pousa López

No noso traballo investigamos a Fórmula 1 en detalle,  por dentro, buscando sobre todo os beneficios que trae á tecnoloxía e aos coches de calle convencionais. Quixemos facer tamén unha comparación con outro deporte que move moitos cartos como é o fútbol e os os avances tecnolóxicos derivados deste, se os hai. Cremos que a xente pensa que a Fórmula 1 non serve para  nada e que é un despilfarro.  Pretendemos demostrar que a Fórmula  é un deporte máis barato que outros como o fútbol, e que aporta beneficios á sociedade, xa que moitos dos avances xurdidos como consecuencia de mellorar os resultados na Fórmula 1, despois se levaron os coches tradicionais, como por exemplo, os freos de disco. 

Unha cuestión de educación

Aquí tendes a estrea mundial da nosa nova curtametraxe: "Unha cuestión de educación" é a nosa aposta para o OUFF Escola deste ano. Para votar por ela tedes que seguir uns sinxelos pasos: darse de alta en vimeo (é sinxelo), e votar no corazón que aparece na parte superior dereita do vídeo (like).

Unha cuestión de educación from Ourense Film Festival on Vimeo.

Hora de Ler

Este ano, o noso centro pon en marcha a Hora de Ler, un proxecto de fomento da lectura fora do horario escolar, no que os rapaces fan múltiples actividades relacionadas co mundo dos libros. Durante media hora diaria, e agrupados por ciclos, en infantil e primaria, os nenos e nenas len libros, artigos, revistas, cómics, tanto en inglés coma en galego e castelán, fan dramatizacións e xogos literarios. Un proxecto ambicioso que se irá ampliando en actividades co paso do tempo, e ten como obxectivo principal aumentar o gusto pola lectura.

O CPI Virxe da Saleta multiplica a súa oferta educativa

Durante o vindeiro curso 2012- 2013, o CPI Virxe da Saleta aumenta a súa oferta formativa incorporando un novo Programa de Cualificación Profesional Inicial na Modalidade C. Terá un horario de luns a martes e prácticas de mércores a venres. Está destinado a alumnado entre 15 e 21 anos, sen o título de ESO ou doutro PCPI. Podes apuntarte en: Albanelaría, Arranxos Florais, Cociña, Comercio, Estética, Fontanería e Calefacción, Informática, Mantemento de Vehículos, Montaxe de Redes Eléctricas, Pastelaría, Peiteado, Repografía, Revestimentos de Obra, Servizos administrativos, Servizos de Restauración ou Hostelería.
Infórmate antes do día 12 de setembro no teléfono 988282169

CONCURSO DE CARTACES E MARCAPÁXINAS 2012

Parabéns rapaces/as!!

Alumnos gañadores da "IV edición do concurso de cartaces en defensa e fomento do emprego do Galego", para ver o debuxo preme no nome do/a alumno/a:

Samuel Nogueira (Infantil, 5 anos)

Alejandro Fernandez (4º EP - 2º Ciclo de Primaria)

Loly (2º Ciclo da ESO)

 

O Blog de Lengua Castellana y Literatura

Visita o noso blog.

Distribuir contido


by Dr. Radut