“Unha cuestión de educación” é o traballo dos alumnos de ética de 4º de ES0 durante o curso pasado. Tratase duha curta feita pola técnica do stop-motion, un proceso artesanal que consiste en dar vida a bonecos inanimados. O resultado final é espectacular, digno de moitos profesionais. Gracias a iso, tivemos unha mención no festival de Ourense, aínda que a maior satisfacción foi a de levar a cabo un traballo de tanta calidade e que os compañeiros de todas as idades do centro o admirasen.
Coa chegada da primavera, o equipo de actividades extraescolares decidiu facer unha exposición de fotos de árbores e flores propias desta época do ano aportadas polos alumnos. A participación foi moi alta, e os resultados, nalgúns casos, espectaculares. As fotografías están expostas no edificio de primaria, ata o final do curso.
É teatro, é un conto, é maxia... é a ilusión de escoitar unha historia máxica. A historia de Brancaflor. Ou era a historia de Xan? Ou quizais a historia de Xan e Brancaflor. Ben, o que conta é o ben que o pasamos con Fran Rei e os seus trucos sorprendentes. Foi unha tarde espectacular dentro da semana grande das Letras Galegas.
Temos unha boa nova que vos dar, unha árbore agromou no noso corredor. É unha especie singular, case única. Trátase dun raro exemplar de quercus literarus. Por flores ten as portadas dos nosos libros favoritos e as súas follas animan á lectura con frases famosas.
PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO DÍA DO LIBRO (semana do 22 ao 26 de abril do 2013) NOVIDADE!!: Presentación do noso libro electrónico.
EXPOSICIÓNS: Exposicións de marionetas (feitas por os alumnos de 1º ESO). Exposición dos debuxos dos participantes no concurso de logos. Exposición de marcapáxinas feitos por os alumnos de ESO. Unha árbore de libros: feito por alumnos de infantil e primaria, cunha selección de citas sobre as virtudes dos libros e a lectura de alumnos da ESO) e coas portadas dos seus libros favoritos (alumnos de infantil e primaria). MÚSICA NA BIBLIOTECA: Durante os recreos escoitaranse pezas inspiradas en famosas obras literarias. ACTIVIDADES: Martes 23: “101 buenas razones para leer”. Mércores 24: Conto contigo cos nosos maiores (ás 16 horas): INFANTIL: Cuentos clásicos. PRIMEIRO CICLO: Cuentos clásicos. SEGUNDO CICLO: La señora de los libros. TERCEIRO CICLO: El oso que amaba los libros.
Velaquí un primeiro exemplo do proxecto CONTO CONTIGO. Alumnado da ESO que, no marco dunha unidade didáctica que desenvolve as Competencias Básicas, realizan unha lectra dramatizada para o alumnado de Educación Infantil do centro. Trátase da Galiña Roxa, conto editado por Kalandraka, que Andrea, Alba, Carlota e Yuli poñen en escena utilizando recursos teatrais e poñendo en práctica a súa Competencia Lingüística diante dun público ben esixente. A actividade levouse a cabo o día da muller, 8 de marzo de 2013. O conto foi escollido por contar a historia dunha galiña traballadora e ao mesmo tempo nai, que se esforza por levar adiante as súas tarefas a pesares da pouca colaboración dos outros animais.
Trátase dun proxecto piloto para o curso 2012-2013 proposto polo seminario “As compentencias básicas como eixo vertebrador do proceso comunicativo”. Os alumnos de educación secundaria, preferentemente de 2º ESO de forma voluntaria farán unha lectura dramatizada de contos aos alumnos de infantil e primaria. Durante 15-20 minutos lerán contos en galego e castelán. A actividade levarase a cabo os mércores, xoves ou venres de 16:00 a 16-30 horas, durante o recreo de mediodía dos alumnos de secundaria e coincidindo coa hora de ler dos de infantil e primaria unha vez ao mes, coincidindo con algunha celebración escolar. O calendario é o seguinte: Xoves 14 febreiro San Valentín Conto contigo para o amor Literatura de temática amorosa (cartas, poemas, contos...) Venres 8 de marzo Día da muller Conto contigo para a igualdade Contos para a igualdade Mércores 24 de abril Semana do día do libro Conto contigo para ler Clásicos universais Xoves 16 de maio Día das letras galegas O galego conta contigo Clásicos galegos 5 de xuño Día do medio ambiente O planeta conta contigo Contos de temática ambiental