Skip to Content

contador gratis para blog

Taboleiro

Magosto 14

Chega o magosto. Gústavos o noso cartel? Son as nenas e nenos de 3 anos de Infantil. Como é 2014 pois dixemos, veña, o magosto para o 14. Así que preparade para asar as castañas, comer os chourizos e botar unhas cantigas. Este ano non cantaremos sós, temos a actuación estelar d'Os Biruxes que veñen, ademais, cos seus amigos da residencia de maiores da Saleta. Botaremos o verdegaio, o galo e outras pezas populares. E haberá tempo para xogos populares coma o pano, a carreira de sacos, etc. E tamén para chinar a cara que é o que máis nos gosta. Se o día ven bo iremos ao campo da SaletaE se chove temos plan B no polideportivo do centro. Que viva o magosto!!

Applícate o conto

Applícate o conto é unha app de contos infantís creada por e para nenos.  É froito da colaboración entre o CPI Virxe da Saleta de Cea e o CIFP da Carballeira. É un proxecto interdisciplinar baseado na aprendizaxe por competencias.

 

Applícate o conto: 4 de novembro

A nosa app está lista. O vindeiro martes día 4 teremos un acto de presentación no CIFP da Carbaleira, os nosos compañeiros de viaxe neste proxecto. A partir dese día poderedes descargala nos vosos dispositivos android: móbiles e tablets. Estamos moi emocionados por ver como o froito do traballo colaborativo desenvolvido no curso pasado por todo o alumnado do centro está a punto de ver a luz. Permanecede atentos aos nosos perfís nas redes sociais e tamén á web do centro a partir dese día para saber como descargala.

MAXIA NA BIBLIOTECA

LIBROS DE TEXTOS 2014/2015. CAMBIO DE ISBN DO LIBRO DE PLÁSTICA DE 1º DE PRIMARIA

HOUBO UNHA ERRATA, POR CAUSAS ALLEAS AO CENTRO, NO ISBN DO LIBRO DE TEXTO DE PLÁSTICA DE 1º DE PRIMARIA. O ISBN CORRECTO É O SEGUINTE

 

978-84-8793-751-4

PERDOEN AS MOLESTIAS

En defensa do noso centro

No CPI Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea, ás 20:00 horas do día 30 de xuño do 2014, reunida toda a comunidade educativa do centro: pais, nais, profesores/as, alumnos/as e alcalde do concello de Piñor, acordan:
Amosar a súa desconformidade coa supresión dunha unidade de educación infantil que vai en detrimento da calidade do ensino neste centro educativo. Tamén fan constar que non se ten en conta a situación dos centros rurais en comparanza cos centros urbanos á hora de establecer ratios. Esta supresión non ten en conta que, segundo o censo, aínda faltarían nenos/as por matricularse e que un descenso na matrícula nun curso non debería determinar a supresión de dous postos de traballo.
Queremos exponer que a Consellería de Educación debería facer públicos con maior antelación cales son os criterios de supresión de empregados. Deste xeito existiría un tempo de reacción tanto por parte dos centros coma dos concellos na procura de nenos/as que puidesen ser censados e matriculados no centro.

Convocatoria a toda a comunidade educativa

O Consello Escolar e o Claustro de Profesores do CPI Virxe da Saleta acordaron, de xeito unánime, convocar a toda a comunidade educativa do noso centro: alumnado, familias, profesorado e PAS a unha reunión este luns día 30 de xuño ás 20:00h no comedor do centro. Queremos informar e debater con vós a medida anunciada por parte da Consellería de Educación da supresión de dúas mestras e o peche dunha das unidades da etapa de Educación Infantil. Agardamos contar con todas e todos vós nesta ocasión tan importante.

NAS NOSAS MANS

Las Olimpiadas Más Animales. Proxecto Nas Nosas Mans. Explicar un proxecto como este a toda a comunidade educativa é un dos retos que nos plantexamos xa ao inicio, dous cursos atrás. En que se diferencia este, doutros proxectos anteriores? En que o plantexamento de base parte de ceder todo o protagonismo ao alumnado. Non só como mero receptor dos contidos se non como productor dos mesmos. Dende a elaboración do texto teatral, as correccións e valoracións dos mesmos. A dramaturxia e posta en escea, construcción do teatro e monicreques, dirección, producción, planificación dos ensaios, interpretación, escenografía.. Todo recae "nas súas mans". Cumprimos así a máxima da aprendizaxe por competencias: SABER, SER FACER. Traballamos o curriculum de tecnoloxía, lengua castellana, música, plástica e competencias como a social, cultural, lingüística, artística, a iniciativa e autonomía persoal. Como resultado deste estilo de aprendizaxe o nivel de motivación e implicación do alumnado aumenta ao sentirse non só parte se non centro de todo o proceso de aprendizaxe. Enfróntanse a un reto real que esixirá o mellor de todos eles. Algo que vai máis alá de superar unha asignatura: poñer a andar unha compañía teatral infantil que ten que estrear unha obra con data e lugar concreto. Iremos colgando na web e nas redes sociais vídeos de todo o camiño ata aquí e tamén, por suposto, o resultado.

Excursión do 2º ciclo

Primeiro fomos a unha base de helicópteros. Alí subimos a un e tamén a un camión de bombeiros. Falamos por unha emisora. Vimos un cráneo dunha vaca na entrada. Fixémonos fotos e logo marchamos. Despois fomos ao Pazo de Fontefiz e alí había moitos animais autóctonos de Galicia, algúns deles en perigo de extinción. Ensináronos de que raza eran. Vimos un cabalo galopando, porcos celtas, galiñas de Mos e galiñas poñedoras, carneiros, ovellas, touros, castróns, bois e cabras. Ensináronos unha incubadora. O guía da excursión díxonos que tardan 21 días en nacer e que a eses pitiños que había na incubadora tan só lles faltaban 3. Había outros que xa naceran, uns tiñan quince días e outros 7. O guía tamén nos dixo que un animal entrara no galiñeiro e que comera todas as galiñas. Despois fomos comer a Monterroso bocadillos de chourizo e queixo e de postre xeados, mmmmm. Despois de comer xogamos nun parque cercano. Ao rematar dirixímonos a unha granxa escola e alí fixemos pan. Isto déusenos moi ben, porque somos de terra de panadeiros. Ben, non todos, pero algo sabemos. Ao chegar ás nosas casas algunhas das nosas nais probaron o pan e comentaron que lles faltaba sal, hehehe. Mentres o pan cocía fixemos un xogo de presentación para coñecer os nosos nomes e os nosos gustos e consistía en pasarnos un fío de lá entre todos e ir comentándoos en voz alta. O resultado final parecía unha arañeira. Ao remate do xogo había que desfacer a tea lembrando o nome e os gustos da persoa que che pasara o fío. Ao remate do paseo xogamos á busca do tesouro. A continuación fomos dar un paseo polo río na compañía dun can boxer chamado Bufi que non paraba de enredar con nós. O que máis lle gustaba era que lle tirasen paos ao río e ilos buscar. Despois ao sair pasaba ao noso carón e mollábanos as pernas. Para despedir a xornada xogamos ao brilé e escoitamos música relaxante con instrumentos doutros países coma o gong e as cuncas tibetanas. Galería de fotos

Distribuir contido


by Dr. Radut