Saídas

VISITA A MARCELLE

O pasado día 23 de abril, o alumnado do 1º ciclo de EP, acompañado polas súas profesoras, visitaron Marcelle. Aquí deixamos algunhas fotos:

CONCERTO DIDÁCTICO

O luns 15 de abril os alumnos e alumnas de música de 3º e 4º de ESO asistiron a un concerto didáctico no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, levado a cabo por membros do grupo vocal “Solo Voces” de Lugo, onde se escoitaron desde polifonías renacentistas ata versións vocais de clásicos do soul como Stand by me, pasando por cantos tradicionais africanos e folklore galego. Un concerto cunha gran variedade de tipos de músicas que serviron ó director do grupo para explicar de forma moi amena e divertida a evolución das texturas e as formas musicais ó longo da historia, así como outros conceptos que se traballan na aula.


 

VISITA Á OLERÍA DE BONXE

O alumnado do 1º ciclo de Educación Primaria visitou, o día 5 de febreiro, a olería de Bonxe, onde fixeron unhas tartarugas de barro. Aquí deixamos algunhas fotos:

SAÍDA CULTURAL DO ALUMNADO DE 4º ESO

 

 O día 26 de Novembro os alumnos/as de 4º ESO foron visitar a exposición “ ACiencia e a Tecnoloxía da luz” no museo provincial de Lugo. A exposición é unha celebración do día da ciencia en Galego e o ano internacional da luz e das tecnoloxías derivadas da luz.

 

No refectorio do museo había unha serie de carteis do centro nacional de estudos espaciais de Tolouse que amosan como se utilizan as distintas radiacións para investigar e coñecer o universo. Nunha segunda sala dividida en varios módulos os alumnos/as puideron realizar unha serie de experimentos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía  ao redor da luz. Tamén puideron observar unha serie de artiluxios que axudan a entender como foi a experimentación e a investigación ata desembocar nas gafas de realidade virtual, e outra parte adicada os espellos parabólicos donde viron os miroscopes e ata verdadeiras holografías.

 

 

SAÍDA DE PARTE DO ALUMNADO DE 3º E 4º DE ESO

Parte do alumnado de 3º e 4º de ESO desprazouse a Lugo, o día 6 de novembro, para participar nas Xornadas formativas para a divulgación do espírito emprendedor, actividade ofertada polo IGAPE. Estiveron acompañados polas súas profesores Lidia, Ana e Noa.


Powered by Drupal - Design by artinet