Actividades de inmersión lingüística en inglés curso 2018/2019

Este curso (2018-19) solicitouse a participación nas actividades de inmersión lingüística en inglés, organizadas pola Consellería. Estas actividades:

- Están dirixidas á mellora da competencia lingüística en inglés do alumnado de 6º de EP e da ESO (o centro só poderá solicitar a participación dun grupo). Este curso solicitouse para 1º de Educación Secundaria , xa que foi onde houbo maior número de autorizacións asinadas.

- Desenvolveranse nunha residencia situada en Galicia, en réxime de internado

- Serán estadías dunha semana de duración (de domingo a sábado).

- A organización levarase a cabo por medio de empresas contratadas pola Consellería de Educación. Inclúen: monitores/as, material escolar, mantenza e aloxamento, certificado de realización da actividade, seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

- Nin a Consellería nin os centros asumirán os gastos derivados do desprazamento do alumnado ata a residencia.

 

ORDE do 18 de maio de 2018 pola que se regulan a convocatoria e a selección de
centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos, dependentes
desta consellería, para participar en actividades de inmersión lingüística en
lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación
primaria e de educación secundaria obrigatoria.
 
 
EN ARQUIVO ADXUNTO PODEDES CONSULTAR A RESOLUCIÓN DA MESMA, O NOSO CENTRO ESTÁ DE SUPLENTE.
AdxuntoTamaño
res_prov_englishweek_2018_0[1].pdf1.21 MB

Powered by Drupal - Design by artinet