PROGRAMA DE REFORZO, ORIENTACIÓN E APOIO (PROA)

Está solicitado, para o seu desenvolvemento durante o curso 2013-14, un Programa de reforzo, orientación e apoio, que irá dirixido a alumnado de 2º e 3º ciclo de EP.

O obxectivo deste programa é potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar do alumnado, para o que se traballarían destrezas básicas das áreas instrumentais, adquisición de técnicas de traballo, de hábitos de organización...

As clases serán impartidas por profesorado do centro durante o tempo de lecer do mediodía (os martes, mércores e xoves); cada sesión abranguería 1 hora e 20 minutos.

A participación do alumnado neste programa implica a autorización das familias.

Para obter máis información, pódese consultar a seguinte páxina:

http://www.edu.xunta.es/web/innovacion/63/133/220/627

Powered by Drupal - Design by artinet