Skip to Content

Complementarias

VISITA AO CENTRO HISTÓRICO E CATEDRAL DE SANTIAGO

O alumnado de 4º ESO realizou o mércores 14 de maio unha visita á cidade de Santiago.

RUTA SENDEIRISMO CAMELLE-LAXE (1º-2º ESO)

O pasado día 8 de maio o alumnado de 1º e 2º de ESO realizaron unha ruta de sendeirismo pola Costa da Morte entre as vilas de Camelle e Laxe onde puideron contemplar impresionantes paisaxes costeiros: praias, acantilados, lagoa de Traba, ...

As imaxes só nos dan unha pequena idea do interesante que resultou esta actividade.

 

CHARLAS VIVEIRO DE EMPRESAS 4º ESO

CHARLAS DO PLAN DIRECTOR DA CONVIVENCIA

No CPI Plurilingüe de Vedra tivo lugar este mércores a segunda xornada de charlas do Plan Director da Convivencia que desenvolve o Ministerio do Interior nos centros educativos. Concretamente a charla versou sobre a temática "Drogas e Alcol" e estaba dirixida ao alumnado de 2º e 3º de ESO, e foi impartida por membros da Garda Civil.
A primeira xornada tivo lugar o pasado día 29 de xaneiro, coa charla "Novas Tecnoloxías e Acoso Escolar" dirixida ao alumnado de 6º de Educación Primaria.
Finalmente o día 8 de maio terá lugar a terceira xornada do Plan Director, cunha charla dirixida ao alumnado de 4º de ESO coa temática "Violencia de xénero".
Todas estas charlas foron programadas como actividades complementarias das materias de Educación para a Cidadanía, Ética e Ciencias Sociais, e xa veñen realizándose desde fai varios anos.

ASÍ FOI A VISITA DO DR. ÁNGEL CARRACEDO AO CPI DE VEDRA

O CPI Plurilingüe de Vedra recibiu hoxe venres a visita do recoñecido doutor, experto en xenética e medicina legal e forense, D. Ángel Carracedo Álvarez, como primeiro dos actos organizados pola ANPA do centro dentro dos II Encontros da Comunidade Educativa que se celebra este fin de semana. O motivo da mesma foi manter un encontro co alumnado de Secundaria que dedicou as últimas semanas a preparar  a visita e elaborar  documentación para a paxina web do centro e o blogue do Departamento de Ciencias Naturais.

A primeiras horas da mañá foi recibido polo Equipo Directivo, que o acompañou nunha breve visita ao centro educativo, para posteriormente trasladarse ao salón de actos á Casa da Terceira Idade de Vedra, onde tivo lugar o acto principal.

O director do CPI, José Viaño, abriu o acto dando a benvida e agradecendo aos promotores da actividade a consecución da mesma. De seguido tomaron a palabra Ramón Lago, en nome da directiva da ANPA e o alcalde do Vedra, Carlos Carrillo.

A continuación, dúas alumnas do grupo de Bioloxía, de 4º de ESO, fixeron unha reseña biográfica de Ángel Carracedo repasando os seus méritos e cargos desempeñados na súa dilatada carreira.

Como parte principal acto, o doutor Carracedo mantivo un encontro co alumnado de ESO, no que repasou os distintos campos nos que traballan os grupos de investigadores que dirixe, e fixo un experimento de extracción de ADN dos chícharos, que foi toda unha sorpresa para o alumnado. Na última parte da charla, referiuse máis directamente aos casos de medicina forense nos que ten traballado, e rematou cun interesante turno de preguntas, nos que se puxo de manifesto a importancia da labor divulgativa no campo científico que o prestixioso investigador ben desempeñando.

Toda a comunidade educativa mostrou a súa satisfacción polo enorme interese espertado  pola visita e o bo desenvolvemento da mesma.

VISITA DE ÁNGEL CARRACEDO E ENCONTRO CO ALUMNADO DE SECUNDARIA

O venres 24 de xaneiro visitará o noso centro ÁNGEL CARRACEDO ÁLVAREZ, Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Catedrático de Medicina Legal da USC e Coordinador do Grupo de Medicina XenómicaNesta actividade, promovida pola ANPA, o científico manterá un encontro co alumnado de Secundaria.

PROGRAMA 

10:00 h. - Recepción e visita ao Centro.
10:30 h. - Acto na Casa da 3ª Idade. Saúdo de benvida.Semblanza elaborada por 4º ESO - Encontro co alumnado. Experimento
12:30 h. – (aprox.) Agradecemento e despedida
 

Ángel Carracedo

Nacido en Santa Comba (A Coruña) en 1955, Ángel Carracedo Álvarez é, probablemente, o científico que traballa en Galicia de maior proxección internacional. Licenciado en Medicina (1978) e doutor en Medicina (1982) pola Universidade de Santiago, creou un grupo investigador que se converteu en líder mundial en medicina legal e forense e de referencia en Medicina Xenómica, comparada e de poboacións. Foi pioneiro, desde o Instituto de Medicina Legal de Santiago, que dirixe desde 1994, na introdución de novas tecnoloxías para a identificación forense mediante a xenética molecular. Participou en máis de tres mil pericias xudiciais e foi requirido, xunto aos seus colaboradores, en casos famosos como o crime de Alcáser, os atentados de Madrid do 11-M ou na identificación das vítimas do tsunami do sueste de Asia, entre moitos outros.

Na súa destacable faceta como divulgador científico no ámbito educativo, colabora habitualmente como docente en proxectos e cursos de formación de profesorado, así como en Congresos de estudantes ou encontros de xóvenes científicos, como os desenvolvidos polo Proxecto CLIMÁNTICA, do que xurdiu o Blogue didáctico de aula do CPI de Vedra.

No ano 2010 participou na campaña "En galego tamén se fai ciencia" promovida pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística. Aquí vos deixamos un VÍDEO no que nos explica a importancia do emprego da nosa lingua no mundo científico:

Ángel Carracedo from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo.

Para rematar, aquí tedes un pequeno resumo do impresionante Currículo do noso ilustre visitante e que podedes coñecer de xeito máis amplo premendo AQUÍ ou consultando os ARTIGOS que elaborou o alumnado de 4º ESO no Blogue Climántica de Bioloxía e Xeoloxía do CPI de Vedra:

  • Licenciado e Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela.
  • Catedrático e Director do Instituto de Medicina Legal da USC.
  • Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.
  • Director do Centro Nacional de Xenotipado.
  • Presidente de diversas sociedades de Xenética, Farmoxenética e Medicina forense.
  • Doutor Honoris Causa por varias universidades.
  • Premio Xaime I pola investigación médica.
  • Premio Galien 2010 pola mellor labor investigadora.

VISITA A CAMPO LAMEIRO - 1º ESO

O pasado 30 de outubro o alumnado de 1º de ESO visitou as intalacións do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro

ALUMNADO DE 2º DE ESO VISITA A CIDADE DA CULTURA E O MUSEO DO POBO GALEGO

Nunha actividade organizada polo Departamento de Xeografía e Historia, as alumnas e alumnos de 2º de ESO visitaron a Cidade da Cultura e o Museo do Pobo galego o venres día 1 de marzo.

Máis información no blog do Departamento de Xeogafía e Historia: http://socvedra.blogspot.com.es/

SAÍDA DIDÁCTICA: 5º e 6º de Primaria visitan os Museos Científicos de A Coruña

19/02/2013 00:30
19/02/2013 17:00
Etc/GMT+1

O alumnado do Terceiro Ciclo de Primaria visita A Coruña

REMATAN AS CHARLAS DO III PLAN DIRECTOR DA CONVIVENCIA

Este xoves día 14 de febreiro tiveron lugar as charlas correspondentes á segunda xornada do III Plan Director da Convivencia e mellora da Seguridade Escolar, que se organizaron no centro promovidas desde o departamento de Ciencias Sociais/Xeografía e Historia, participando na convocatoria do Ministerio do Interior en coordinación coa Conselleria de Educación. Nas mesmas o alumnado de 3º e 4º de ESO recibiu información e puido debater sobre o tema das Drogas e Alcol.

O pasado día 30 de xaneiro tivo lugar a primeira xornada de charlas impartidas pola Garda Civil dentro deste III Plan Director da Convivencia. Naquel caso as charlas estiveron dirixidas aos curso de 6º de Primaria, 1º e 2º de ESO coa temática: Acoso Escolar e Perigos de Internet.

Ver Galería de fotos completa

Distribuir contido


by Dr. Radut