Skip to Content

Complementarias

Saída á Escola Galega de Consumo

O alumnado de 3º ESO visitou o pasado luns 13 de xaneiro a Escola Galega de Consumo baixo a organización do departamento de Ciencias naturais. Na visita traballaron aspectos da linguaxe publicitaria, o etiquetado alimentario e a resolución de conflictos de consumo. Deixamos aquí una galeria de fotos da visita.

https://photos.app.goo.gl/GUK9BLaiJB7mThRA7

XOGADORES DO MONBÚS OBRADOIRO PROMOVEN A VIDA SAUDABLE NUNHA VISITA AO CENTRO

Este martes día 1 de outubro contamos no centro dunha representación do club de baloncesto MONBÚS OBRADORIO entre a que se atopaban tres xogadores do primeiro equipo que milita na Liga Endesa ACB: David Navarro, Mike Daum e Dejan Kravic..

Durante o encontro tiveron ocasión de contar a súa experiencia deportiva e contestar as preguntas do alumnado de 3º ESO que participaban nesta actividade promovida desde o Departamento de Educación Física e o seu profesor José Antonio Castro, en colaboración co Obradoiro CAB e o Concello de Vedra.

A temática principal das preguntas e intervencións dos xogadores estivo centrada na actividade física, entrenos e na alimentación saudable necesaria para a práctica do deporte de competición.

Durante o encontro tamén estivo presente o alcalde do concello de Vedra, Carlos Martínez, que é gran afeccionado e practicante do baloncesto.

Ver + fotos

Visita a Fervenzaventura

O 23 de maio o alumnado de infantil e de 1º de primaria foron a Fervenzaventura. Este é o video que resume a visita:

VIDEO DO PROXECTO ETWINNING - INFANTIL

Presentamos un video do Proxecto Etwinning no que participa alumnado de Educación Infantil, no que se comunican e poñen en común traballos con outro países europeos. Coordina esta actividade a profesora Esperanza Chaves.

Enlace ao video

ALUMNADO DE 2º ESO VISITA LUGO

O pasado martes 24 de abril o alumnado de 2º de ESO realizou unha completa visita á Cidade de Lugo. A visita estivo centrada no percorrido histórico pola cidade: Museo Arqueolóxico Provincial, ventanas arqueolóxicas con restos romanos, catedral, centro de interpretación e paseo pola muralla.

A saída didáctica está incluída na programación de actividades complementarias do Departamento de Xeografía e Historia.

Ver fotos +

4ºESO VISITA O FERROL DA ILUSTRACIÓN

Este martes 24 de outubro o alumnado de 4º de ESO visitou a cidade departamental de Ferrol, onde puideron percorrer rúas e instalacións da cidade con visitas guiadas moi atractivas e novidosas como a Fragata "Alvaro de Bazán F-101" ou o Barrio da Magdalena, dentro dun conxunto que funde as súas raíces na Ilustración da época do rei Carlos III. A visita estivo coordinada polo Departamento de Xeografía e Historia.

LER MÁIS       VER FOTOS       FERROL. PATRIMONIO MUNDIAL

MÁIS SOBRE A FRAGATA "ALVARO DE BAZÁN"

 

PREMIADO ALUMNO DO CPI NO CONCURSO "SUPRIME O CONTROL" CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Coincidindo coa impartición no centro do Programa Socioeducativo de Prevención da Violencia de Xénero "Suprime o control" da Deputación de A Coruña, celebrouse o concurso "Instagram sen machismo". No mesmo resultou premiado o alumno do curso de 3º de ESO A do noso centro, David Freire Moure. Recibiu como premio unha tablet.

No segundo trimestre habéra un concurso de microrelatos sobre a mesma temática.

Ver foto no seguinte enlace: https://goo.gl/photos/vFyS9QwyimT7vAg8A

VIAXE FIN DE ESTUDOS - 4º ESO A CATALUÑA

O alumnado de 4º ESO do CPI Plurilingüe de Vedra acaba de regresar da súa viaxe fin de estudos a Cataluña que realizaron desde o 2 ao 8 de maio, acompañados por profesorado do centro. Durante a mesma fixeron numerosas visitas de carácter didáctico e cultural: Barcelona (Sagrada Familia, Pedrera, Parque Güell, Barrio Gótico, Camp Nou, Ramblas, ...), Tarragona (Acueducto, Anfiteatro, Circo, Catedral, Murallas, ...), Cavas Codorniu e o Mosteiro de Montserrat.  Ademais puideron disfrutar de momentos de diversión na praia de Salou e tamén no Parque temático Port Aventura.

Aquí podedes visionar algunhas imaxes da viaxe: 

 

Charla sobre o TDAH para o profesorado

O profesorado do centro asistiu no día de onte, xoves 12 de marzo, a unha charla sobr o TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade), impartido no CPI por psicólogas representantes da Asociación Compostelá de Nenos e Nenas Hiperactivos (ACNH). Na mesma analizáronse síntomas, pautas de traballo na aula e seguimento coas familias deste problema que afecta de maneira significativa a aprendizaxe dun bo número de nenos e nenas

ALUMNADO DE 3º DE ESO VISITA O PARLAMENTO

O pasado 18 de decembro de 2014 o alumnado de 3º de ESO, ademais do grupo de PDC deste mesmo nivel, visitaron o Parlamento de Galicia. Nesta visita guiada coñeceron de primeira man todas as instalacións do mesmo: salón do plenario, grupos parlamentarios, biblioteca, ... 

Distribuir contido


by Dr. Radut