XOGADORES DO MONBÚS OBRADOIRO PROMOVEN A VIDA SAUDABLE NUNHA VISITA AO CENTRO
Este martes día 1 de outubro contamos no centro dunha representación do club de baloncesto MONBÚS OBRADORIO entre a que se atopaban tres xogadores do primeiro equipo que milita na Liga Endesa ACB: David Navarro, Mike Daum e Dejan Kravic..
Durante o encontro tiveron ocasión de contar a súa experiencia deportiva e contestar as preguntas do alumnado de 3º ESO que participaban nesta actividade promovida desde o Departamento de Educación Física e o seu profesor José Antonio Castro, en colaboración co Obradoiro CAB e o Concello de Vedra.
A temática principal das preguntas e intervencións dos xogadores estivo centrada na actividade física, entrenos e na alimentación saudable necesaria para a práctica do deporte de competición.
Durante o encontro tamén estivo presente o alcalde do concello de Vedra, Carlos Martínez, que é gran afeccionado e practicante do baloncesto.